Skip to Content

Normas TIC

REDE OLIMPIA - Instrucións Básicas

  1. Para comunicar unha incidencia e solicitar axuda ao Equipo TIC, os usuarios deberán cubrir o Formulario de Incidencias accesible desde a web do centro, identificándose co seu nome de usuario e contrasinal da rede do Leliadoura.

    1. O novo profesorado deberá pasar polo CASI en horario de garda de rede e solicitar conta de usuario, indicando o seu nome, apelidos, grupos aos que imparte e nome de usuario desexado.

    2. A partir destes datos crearase un usuario co contrasinal por defecto “abc123.,”que se deberá cambiar no primeiro inicio de sesión.

    3. Por motivos de seguridade, o novo contrasinal elexido deberá ter unha complexidade mínima: 8 caracteres de lonxitude mínima e a presenza de polo menos 3 dos seguintes grupos de caracteres: maiúsculas, minúsculas, números e caracteres especiais (.,;:_ etc.).

  2. Como regra xeral non se atenderán incidencias que non fosen previamente rexistradas no formulario. Tampouco as que se comuniquen verbalmente “de pasada” polos corredores ou fóra das horas de garda establecidas.

  3. As incidencias só poden ser engadidas polo profesorado. En caso de que o alumnado detecte algún erro ou necesidade, deberá comunicalo ao profesorado para que este a comprobe e, de ser o caso, dea de alta a incidencia.

  4. As incidencias serán única e exclusivamente de tipo informático, non de tipo eléctrico, traslado de material, etc.

  5. Cada departamento debe encargarse dos seus tóners, lámpadas, pilas, etc.

  6. Para iniciar sesión nos equipos e acceder aos servizos da Rede Olimpia (rede do IES Leliadoura) requírese un nome de usuario e un contrasinal.

  7. Para ter acceso a Internet pode ser preciso configurar o proxy manualmente. Consulta como facelo nos Manuais TIC da web do centro http://manuaistic.iesleliadoura.com.

AnexoTamaño
InstruccionsRedeOlimpia.pdf39.72 KB


page | by Dr. Radut