E directamente dende a Bretaña viñeron estas crêpes tan gorentosas que o alumnado de Francés preparou para "manger".
Como fixeron?, pois dúas persoas enchíanas de crema de "Nutella" ou marmelada e o resto, postos en ringleira, esperaban a súa quenda para pedir unha filloa, mais non podía ser de calquera xeito; neste caso, para poder saborealas, precisaban que a súa petición fose en francés. Boa maneira de practicalo, non si??
