Skip to Content

ANPA

COMUNICADO DA ANPA SAN ROQUE DO IES LELIADOURA

Dende a ANPA San roque do IES Leliadoura queremos dirixirnos a tódolos país e nais de alumnos e alumnas que cursan estudos neste instituto.

Este ano polas circunstancias sanitarias que sufrimos, consideramos que non é adecuado facer a reunión xeral como faciamos tódolos anos ó comezar o curso, esperamos que máis adiante poda facerse, pois consideramos que é moi enriquecedora para os país e nais e para o bo funcionamento da asociación.

Información Coronavirus

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos

A continuación transcríbese a información enviada por dita Dirección Xeral:

CORONAVIRUS PARA EDUCACIÓN

Información Coronavirus

A PROBLEMÁTICA DAS APOSTAS DEPORTIVAS

O pasado 10 de febreiro, dentro da programación de Escola de Nais e Pais (ENAPA), tivo lugar a conferencia "A problemática das apostas dixitais" organizada pola ANPA San Roque do IES Leliadoura.

A PROBLEMÁTICA DAS APOSTAS DEPORTIVAS

Contacontos

A ANPA do IES Leliadoura convidounos a escoitar a Quico Cadaval co que disfrutamos unha vez máis .

Contacontos

Proxecto Educativo do Centro

Durante este curso escolar estamos a proceder á actualización do PEC.

A través da ANPA poden achegarse suxestións.

O antiguo PEC pode consultarse aquí.

 

Charlas e obradoiro de poesía da man de Iolanda Castaño, grazas á ANPA San Roque do Leliadoura

O venres 20 de maio, no marco do "Maio cultural", o alumnado de 1º e 2º da ESO puido, grazas á colaboración da ANPA do IES LELIADOURA, disfrutar da visita e do bo facer de Iolanda Castaño.

O noso alumnado aprendeu, entre outras moitas cousas, que "A poesía non morde!"

Un pracer, Iolanda, contar coa túa xenerosidade e bo facer. E, por suposto, agradecer a Sonia a súa implicación e o seu interese para facer chegar aos nos@s nen@s a poesía.

Esperamos repetir colaboración coa nosa estupenda ANPA.

Charlas e obradoiro de poesía da man de Iolanda Castaño, grazas á ANPA San Roque do Leliadoura
Distribuir contido