Skip to Content

Blogue de admin

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2020

Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado por vacacións. Só se atenderán cuestións de urxencia no correo electrónico: ies.leliadoura@edu.xunta.gal e no teléfono: 672 29 22 38.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Prema para consultar a listaxe de libros que se empregarán o próximo curso 2020-2021:

*NOTA: esperade a mercar os libros da ESO ata setembro, cando os libros do fondo de libros sexan asignados pola consellería.

Comproba se tes a papeleta premiada

A axencia VIAJES BIVESTOUR infórmonos que a persoa agraciada co premio dos talonarios de estudantes, correspondente á campaña do 2019 ó 2020, foi a propietaria da papeleta que coincida co número:

 

86.830

PREMIO:

Moita sorte a todo o noso alumnado nas probas ABAU 2020

A comunidade educativa do IES Leliadoura deséxalle moita sorte a todo o noso alumnado que vai a participar nas probas de Avaliación do Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) os días 7, 8 e 9 de xullo de 2020 en Santiago de Compostela.

Preme aquí para consultar o protocolo ABAU 2020

Matrícula ordinaria - Curso 2020/2021

 Horario de atención ao público: 10 a 13 horas

Pago seguro escolar:

Banco Santander: ES31 0049 2948 26 2114366756

(Importe seguro: 1,12€. 1º e 2º da ESO non pagan seguro escolar)

CALENDARIO ENTREGA DE BOLETÍNS E RECOLLIDA DE LIBROS, ORDENADORES E KITS CONEXIÓN A INTERNET ENTREGADOS NO CENTRO

COMO TODAS AS NOTAS ESTÁN PUBLICADAS NO ABALAR, OS DÍAS DE RECLAMACIÓN SERÁN O 25 E 26 DE XUÑO

Os días 25 e 26 de xuño o profesorado titor do alumnado da ESO fará entrega dos boletíns coas cualificacións finais no ximnasio do centro. Tamén se encargará da recollida dos libros pertencentes ao fondo solidario de libros de préstamo.

Calendario do proceso de admisión a ciclos de FP e de FP dual. Curso 2020/2021

Publicado os calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual para o curso 2020/2021.

Máis información:

CRTVG-Convocatoria contrato en prácticas de Administración e finanzas

A Corporación RTVG convoca unha proba para un contrato en prácticas na que se require posuír o Ciclo Superior en Administración e Finanzas.

 

Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2019/2020

Publicación da Circular 2/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato

Reinicio da actividade lectiva presencial, con caracter voluntario, nos 2º cursos de bacharelato e ciclos formativos

En cumprimento da Resolución do 22/05/2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o IES Leliadoura retomará a partir do luns día 25 a actividade lectiva, con carácter voluntario, para o alumnado de 2º cursos de bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio e superior.

Distribuir contido