Skip to Content

AXUDAS MÁSCARAS

Convocadas axudas para distribución gratuita de máscaras ao alumnado da ESO en función da renda.

O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar xa as ten concedidas automáticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaránse a este alumnado cando se remate o proceso, aproximadamente nos primeiros días de decembro.

Poden solicitalas as familias que non tiveran a axuda de material escolar, (tanto se pediu a axuda de libros ou non) e acrediten unha renda per cápita de 6.000€ anuais ou menos.

Tamén o alumnado matriculado en educación especial, suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña unha discapacidade do 65% ou máis.

PRAZO DE SOLICITUDE:

Pódese entregar a solicitude no instituto entre o luns 16 e o venres 27 de novembro de 2020.

Unha vez rematado o proceso e mercadas as máscaras, iniciarase o reparto no propio centro. Aproximadamente na segunda semana de decembro.

Preme aquí para acceder á convocatoria publicada no DOG.



blog | by Dr. Radut