Skip to Content

VISITA AO MUSEO DO GRAVADO DE ARTES

O alumnado de 3º ESO PDC e 4º ESO de Plástica visitou a exposición "Homenaxe a Picaso" de Manuel Ayaso e Alfonso Costa no Museo do Gravado á Estampa dixital de Artes.

Comezaron o percorrido cunhas explicacións sobre as distintas técnicas de gravado con recoñecemento internacional como son o litogravado, linogravado, o linolio ou punta seca (esta última empregada por Ayaso).

Da exposición, trouxeron para o Leliadoura un fermoso agasallo, un catálogo da exposición de Ayaso e Costa.

Pero tamén se atoparon con outra exposición dun artista panameño, Julio Zacharisson, "Entre dous mundos" coa que se sorprenderon moito pois descubriron que era unha artista que viña moito a Galicia e que presenta unha temática de "bruxas" moi na liña de Goya.

 

VISITA AO MUSEO DO GRAVADO DE ARTES


image | by Dr. Radut