Skip to Content

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO

 Ese mesmo alumnado de 3º ESO que acudiu ao Museo do Pobo Galego e fixo o roteiro fotográfico tivo tempo aínda para visitar o CEGAC (Museo de Arte Contemporánea) os días 25 e 26. Alí foron coa intención de ver a exposición "Guerrilla girls" que marcaría o colofón ao corredor das mulleres artistas recentemente inaugurado no centro.

Así como chegaron, asistiron a unha exposición sobre o que é a arte contemporánea; como no século XX se viven as guerras mundiais, como xorde un movemento de ruptura, como a cámara fotográfica cambia aos artistas que comezan a afastarse de representar a realidade porque xa existe un elemento mecánico que o fai e de como, a raíz disto, teñen que buscar novos mecanismos para representar esa realidade.

Rematado isto, entraron de cheo na exposición "Guerrilla girls" onde comezaron explicándolles a periodización de cando e como comezan a traballar, explícanlles que son traballos colectivos e medio publicitarios. Viron o traballo de concienciación que "a guerrilla girls" fixo na rúa; como dende 1916 ata 2016 nos museos a representación da muller é unicamente nos espidos dos artistas homes, pero non como presenza real da muller, como unha artista. 

As "Girls" traballan dende o sarcasmo, a ironía, o humor e empregan porcentaxes das representacións de grandes obras de mulleres nos museos e de aí evolucionan cara a protesta, non só nas artes plásticas, senón tamén no cine, nos vídeos clips ou na música. 

En fin, foi unha reflexión moi interesante con exemplos moi concretos que rematou observando como se asentou o machismo al longo dos séculos na sociedade.

 

Ademais, o venres, tiveron a sorte de poder visitar a exposición da artista multidisciplinar Olga Mesa (Avilés, Asturias 1962).

Clicade no nome e apelido da autora para ver que ben o pasaron: OLGA MESA

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO


image | by Dr. Radut