Skip to Content

Últimas publicacións

12/07/2023 - 13:17

Preme no enlace para ver o listado de libros para o curso 2023-2024.

LIBROS DE TEXTO

11/07/2023 - 14:50

A partir de mañá, estarán publicadas as listaxes provisionais de admitid@s e excluíd@s do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria.

 Canles de información:

...

11/07/2023 - 11:01

Tardou un chisco o vídeo da festas de fin de curso porque non tiñamos o forno suficientemente quente, pero agora xa lle demos lume e aí tedes o resultado. Clica de imaxe .

 

...

23/06/2023 - 10:27

Onte mesmiño, tres leliadour@s, xunto coa súa titora, achegáronse a Santiago para recibir cadanseu diploma aos mellores expedientes de Galiza. Foi no multiusos do Sar onde Paula Lijó, Sara Martínez e...

22/06/2023 - 16:19

E como non podía ser doutro xeito, este sábado, o alumnado de 2º de Bacharelato e do ciclo superior de Administración e Finanzas pasou polo Auditorio de Ribeira para asistir ao seu acto de graduación. Alí puideron escoitar os discursos do seu profesorado e do director do centro nos que puxeron en valor os momentos positivos...

20/06/2023 - 19:19

EU NON A DEIXARÍA IR....

20/06/2023 - 14:50

Pódese consultar no cadro as datas e documentación para facer a matrícula do vindeiro curso 2023-2024. Preme na imaxe para ampliar

...

20/06/2023 - 11:36

E como rematou o mes das letras e é hora de agradecerlle ao alumnado a súa participación e bo facer, o departamento de galego decidiu agasallalos cunhas camisetas super chulas de Nikis.

Aquí están todos guap@s.    

...
19/06/2023 - 19:07

Clicade na imaxe para ver as tarefas de Plástica que realizaron os e as alumnas de 1º da ESO:

 

...

15/06/2023 - 20:16
Termos: Francés

E directamente dende a Bretaña viñeron estas crêpes tan gorentosas que o alumnado de Francés preparou para "manger". 

Como fixeron?, pois dúas persoas enchíanas de crema de "Nutella" ou marmelada e o resto, postos en ringleira, esperaban a súa quenda para pedir unha filloa, mais non podía ser de calquera...



by Dr. Radut