Morreu Neira Vilas
Morreu Neira. Deixounos sen facer ruído, durmido... Hai catro días falei con el. Semellaba estar ben. A súa voz soaba con forza. Non deixou de traballar nunca. Traballador incansable... Don Xosé estivo connosco hai pouco. O salón de actos, cheo, gardaba silencio. Mesmo parecía que as paredes o escoitaban! Seguro que o facían... Escoitaban as vivencias dun rapaz na súa aldea, as dun exiliado que non baixou a cabeza e loitou dende alén do mar pola súa lingua, e así polo seu pobo. Escoitaban en silencio. Morreu Neira. Mais vivirá sempre Balbino. Íñigo
|
(nova na web publicada o 21 de abri de 2015): O pasado xoves 16 de abril tivemos a inmensa fortuna de poder contar coa presenza de D. Xosé Neira Vilas, que tivo a xenerosidade de facernos unha visita e charlar co alumnado de Bacharelato. Os nosos alumnos e alumnas non esquecerán as súas palabras. Tiveron a oportunidade de estar cunha lenda da nosa literatura, que ademais demostrou a súa grande humanidade. |
Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android