Feira de Nadal
O martes 21 de decembro, ás 11:30h celebraremos a Feira de Nadal do IES Leiras Pulpeiro cun conxunto de actividades lúdico-educativas que se prolongarán ata as 14h, hora á que adiantaremos a saída do centro e o comezo das vacacións.
Nestes días, fomos armando diferentes actividades nas que o alumnado deberá amosar as súas habilidades e conseguir Leiros, a moeda que emitimos para a ocasión e que valerá para adquirir na cafetaría pinchos e bebidas saudables. Cada alumno/a só poderá obter como máximo un Leiro en cada espazo.
Os espazos propostos son os seguintes:
Actividade | Responsable | Descrición |
Xadrez | Xaquedrum | Partidas e Retos Xadrecísticos |
Kahoot | Varios Departamentos | Xogo de preguntas por grupos |
OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA + BINOMIO FANTÁSTICO | EDLG e Dto. Matemáticas | Redacción de Relatos e Figuras de Papiroflexia |
O rosco da alimentación saudábel | Dto. Bioloxía | Pasapalabra |
ADORNO DE ARXILA PARA A ÁRBORE | Dto. Orientación | Elaboración de figuras de Nadal |
Escape Room | Dto. Tecnoloxía | Escape Room de uns 25' en grupos de 6 (reservar) |
Programación dos Robots Mblock | Dto. Tecnoloxía | Programación básica dos robots Mblock en periodos de 50’ (reservar) |
Fútbol | CD Casás | Habilidades futoblísticas |
Hockey | CH Lóstregos | Habilidades hockeiras |
Basket | CB Xuncas | Habilidades baloncestísticas |
Tenis de Mesa | Christian Lage | Retos en torno ao deporte de tenis de mesa |
Cubo Rubik | Anne, Rocío, Juan | Retos en torno aos cubos de Rubik |
Espazo Flamenco | Koraima, Miriam, Rosario, Adolfo | Clases de flamenco |
Xogo de Memoria | Dto. Economía | Xogos de memoria e Tangram |
Postais de Nadal | Dto. Francés | Elaboración de Postais de Nadal |
Celebraranse nas aulas de tecnoloxía I (Escape Room) e II (mBlocks) aula de informática I e II (Kahoot para 1º e 2º da ESO) e 1.03 (3º, 4º e Bacharelato), as deportivas no pavillón e ximnasio e as demáis no corredor do semisoto.
Os alimentos saudables e o seu prezo en Leiros son:
1 Leiro= auga ou pincho ou biscoito
2 Leiros= batido de chocolate ou empanada de mazá
3 Leiros= tortilla suprême
Desfrutade desta xornada e dunhas felices festas!