Ciencia no Leiras
O xoves día 12 de novembro e o luns 16 de novembro, desde a materia de Aprendendo a facer Ciencia e Cultura Científica de 1º BAC, teremos a oportunidade de contactar con Gloria González Fortes e Iria González-Dopeso Reyes, dúas científicas que nos achegarán a súa carreira investigadora desde Italia e Francia, respectivamente.
Gloria González naceu en Pontevedra, é xenetista, traballa na Universidade de Ferrara, como investigadora e profesora de xenética. Ocúpase da análise xenética de restos antigos, paleontolóxicos (por exemplo, do oso das cavernas, como especie extinta) e arqueolóxicos (restos humanos antigos, desde 37000 a 9000 anos de antigüidade, pero tamén algúns máis recentes, como os de Ricardo III, duns 500 anos).Perfil investigador: https://www.researchgate.net/profile/Gloria_Fortes Prehistoria: https://elpais.com/espana/galicia/2020-08-29/la-primera-mujer-del-mesolitico-estudiada-en-espana-era-de-piel-negra.html Ricardo III: https://www.bbc.com/news/uk-england-leicestershire-21063882 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2015/07/19/genetista-pontevedresa-identifico-polemicos-restos-rey-ricardo-iii/0003_201507P19C2991.htm Oso das cavernas: https://www.nature.com/articles/536376b https://www.gciencia.com/ciencia/os-osos-cavernarios-eran-fieis-ao-seu-fogar-natal |
|
Iria González-Dopeso naceu en Santiago de Compostela, aínda que se criou en Lugo principalmente, ata que comezou a estudar na Universidade cando se tivo que marchar. A súa especialidade é a Bioloxia Celular, Histoloxía e Neuroanatomía e a súa tese realizouna sobre o Sistema Nervioso, o que a conectou á Neurociencia ata a día de hoxe. Actualmente está no Instituto de Xenética Molecular de Montpellier en Francia, e nun laboratorio de viroloxía. Alí investiga sobre como mellorar os vectores virais para aplicar a terapia xénica a curar doenzas no cerebro. |