Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Uns días fantásticos no Caurel

Caurel 2016

O alumnado de 3º de ESO pasou esta semana uns días fantásticos no Caurel, nunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. O tempo foi fantástico, así que puideron facer todas as marchas previstas por ese fantástico contorno natural e mesmo disfrutar a tope da piscina.

Moitas grazas a todos por portarvos tan ben e ao profesorado acompañante polo seu esforzo e dedicación.

Actualización 27/06/2016:

Aquí tedes unha montaxe fotográfica:

Caurel 2016 de IES Leiras Pulpeiro en Vimeo.

Apadriña un lector 2016

Como cada mes de xuño desde hai xa seis anos, estamos encantados de tender esta ponte entre o noso centro e o CEIP Casás. Os nenos e nenas de 5 anos do colexio viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas. 

Se queres saber máis, preme nesta ligazón: "Apadriña un lector 2016" en Biblioleiras.

 

 

Apadriña un lector 2016 de IES Leiras Pulpeiro en Vimeo.

Noraboa ao alumnado polos resultados na PAU

Dende o IES Leiras Pulpeiro queremos dar os nosos máis emocionados parabéns ao alumnado que acaba de realizar as Probas de Acceso á Universidade na convocatoria de xuño.

Os resultados son excelentes. De 32 alumnos e alumnas presentados:

  • Case A QUINTA PARTE de vós (un 19%), acadastes máis de 9 na nota de acceso.
  • Case UN TERZO (un 28%), máis de 8.
  • MÁIS DA METADE (un 53%), máis de 7.
  • Un 84%, máis de 6.
  • E todos e todas, o 100%, máis dun 5.

E, ademais, na fase específica, coa que podedes subir esa cualificación, houbo:

  • 3 exames cualificados cun 10
  • 12 con máis dun 9
  • 21 con máis dun 8
  • 26 con máis dun 7
  • etc.

Estamos moi orgullosos de vós.

Moita sorte no camiño que se vos presenta por diante. O futuro é voso.

Primeiros provinciais e terceiros autonómicos no torneo do Liceo La Paz

Trofeo Liceo Casás_provincial

Trofeo Liceo Casás_autonómico
1º posto provincial 3º posto autonómico

 

O alumnado de 1º e 2º de ESO, que forma parte do equipo de fútbol sala que representou ao IES Leiras Pulpeiro no torneo do Liceo La Paz, fíxonos entrega do trofeo acadado por quedar primeiros nesta competición na fase provincial.

Actualización 6/6/2016: tras xogar a fase autonómica e quedar terceiros, fixeron entrega deste último trofeo ao centro.

Noraba, rapaces!!!

Moitas grazas por representarnos tan ben!!!

Probas de clasificación EOI de Lugo

Convocadas Probas de clasificación na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

As probas de clasificación teñen por obxecto facilitar a incorporación a calquera curso e nivel dun idioma do alumnado que dispoña de coñecementos previos del.

Data de inscrición para a proba de clasificación: 30 de maio de 2016.

Toda a información en: http://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/node/588

Presentación do noso centro nos CEIPs por parte do alumnado de 1º ESO

Presentación en Casás e Menéndez 1 Presentación en Casás e Menéndez 2

Algúns dos nosos alumnos de 1º da ESO amosando o noso centro ós aumnos de 6º do CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo, cunha exposición en inglés preparada por eles mesmos, grazas á colaboración das respectivas profesoras de inglés: Teresa e Ánxeles.

Podedes ver as fotos que utilizaron na presentación premendo nesta ligazón. Os textos levábanos memorizados.

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato 2015-2016

O día 26 de abril, saíu publicada no DOG a Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016 (pdf da orde) (pdf do extracto da orde). A dita orde presenta algunhas novidades que xa foron incluidas na convocatoria do ano pasado e que se sinalan a continuación, xunto con outra información de interese:

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016 (artigo 4. da orde de convocatoria). O prazo rematará o 3 de xuño de 2016.

2. O alumnado interesado (ou os seus representantes legais) presentarán a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, tamén poderán presentarse en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo. Os centros educativos non están autorizados a presentar as solicitudes do alumnado. Estas deberán ser presentadas directamente polos alumnos ou alumnas dentro de prazo a través das canles anteditas.

3. En todo caso, o alumnado entregará unha copia da instancia na Secretaría do centro, para que a Dirección do mesmo poida informatizar os datos da súa solicitude na aplicación informática https://www.edu.xunta.es/premiosbac/ e facer a transferencia de eses datos á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Para máis información, poden preguntar na Secretaría ou na Vicedirección do centro.

Convocadas axudas económicas para FCT

Achegas para libros e material escolar (2016-2017)

Solicitude de dirección de correo aos socios e socias

Dende a AMPA Leiras Pulpeiro, gustaríanos que a través do noso correo electrónico ampaleiras@gmail.com nos enviedes o voso correo persoal para así poder informarvos de calquera novidade, descontos e demais eventos que vaian xurdindo. Así mesmo podedes deixar alí as vosas suxerencias, dúbidas ou inquedanzas, que tentaremos solucionar.

Distribuir contido


by Dr. Radut