Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Reparto de libros

Xa están listos todos os lotes de libros de 1º e 3º ESO. Sobraron libros, de modo que os que tedes a mensaxe "Pendente das existencias de setembro" podedes vir preguntar.

En 2º e 4º houbo máis solicitudes que libros no fondo, e temos que encargar libros novos. Como repartimos alfabeticamente, os primeiros da lista xa teñen o lote feito. Os últimos deberán agardar a que nos veña o reparto.

  • 1º ESO: todos listos
  • 2º ESO: preparados ata apelido Piñeiro
  • 3º ESO: todos listos
  • 4º ESO: preparados todos ata apelido Pascual sen incluir

Lista definitiva de Libros e Vales do Fondo libros 2020-2021

Xa están publicadas as listas definitvas de admitidos e excluídos.

Quen teña certificado dixital ou chave365, pode consultalo na web de fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Quen non queira usar o modo telemático pode vir ao centro para consultar as listas, que están na entrada, en conserxería.

Os vales de 50€ por material xa están en secretaría e pódense recoller.

Agora mesmo xa están listos para repartir os libros de 1º ESO.

O resto de cursos iremos informando neste mesmo medio.

 

Retrásase comezo das clases

Publicouse hoxe mesmo na páxina web da Xunta que o curso se vai retrasar unha semana.

Ligazón da nova: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51375/xunta-centros-secundaria-consensuan-adiamento-inicio-curso-aos-dias-23-24-25?langId=gl_ES

Calendario escolar 2020-21

Exames de setembro, horarios e normas de funcionamento

Nos arquivos adxuntos tedes información sobre as normas de obrigado cumprimento en setembro, e horario de recollida de notas e entrega de libros.

 

Promoción 2ºBAC curso COVID 19-20

Publicación de admitidos e excluídos en Fondo Libros 2020-2021

Hoxe ás 14:00 sacamos a listaxe de admitidos e excluídos no Fondo Libros para o curso 2020-2021.

Pola Lei de Protección de Datos, non podemos publicar a lista nominal nin na web nin no taboleiro exterior do centro. Pódese consultar por dous medios:

  • Quen fixera a solicitude telemáticamente, pode consultar a súa propia solicitude na mesma web usando o certificado dixital ou Chave365: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
  • Quen fixera a solicitude a man, terá que ir ao centro a mirar por si mesmo a listaxe.

 Tedes a semana que vén para facer alegacións.

Exames de setembro 2020

Arquivo PDF co calendario de exames de setembro:

As aulas dos exames de lingua castelá serán distintas, preguntade en conserxería ao chegar.

 

 

Libros de texto para o curso 2020-2021

No adxunto podes ver a lista de libros de todos os cursos.

Matrícula de calquera materia

Para o vindeiro curso 2020/21 o resto de asignaturas específicas seguen sendo específicas, as materias comúns seguen sendo comúns e as de libre configuración seguen sendo de libre configuración.

Todas as materias anteriormente mencionadas seguen sendo avaliables e tamén contan para a nota media.

O sol segue saíndo polo leste e ponse polo oeste.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut