Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Dúas alumnas, premiadas no 55º Concurso Coca-Cola de relato curto en lingua galega "Xóvenes talentos"

 

As nosas alumnas de 2º de ESO Patricia Barreiro e Iria Blanco acadaron o 2º e 3º premio provincial no 55º Concurso de relato curto en galego "Xóvenes talentos", organizado por Coca-Cola.

Ambas as dúas, xunto coa súa profesora Cristina Soto, foron recoller o seu premio o pasado venres 22 de maio ao Parador de Baiona, un precioso lugar para tan emocionante acto.

Parabéns, Patricia e Iria!!!

Premendo aquí podedes acceder ás fotos.

Máis información: BaionaTV, Consellería de Cultura, Educación e O.U., Concurso Coca-Cola.

 

David Pintor visita o Leiras Pulpeiro

O pasado xoves, 30 de abril, recibimos a visita de David Pintor. Foi unha charla moi interesante e puidemos ver en vivo e en directo como se fai unha caricatura. Aprendimos moito de todo o que nos contou.

Podedes ver todo en BIBLIOLEIRAS.

Campionato Orientación

O mércores día 22 de abril tivo lugar o Campionato Provincial de Orientación, no entorno do Campus Universitario da cidade. Participaron diversos centros educativos da provincia, entre eles o noso instituto. Acudimos con 41 alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO. Despois dunha magnífica xornada, cunha proba deportiva en terreo mollado e dificultoso, todo o grupo terminou e disfrutou a carreira. Destacamos o terceiro posto de Marina Chao (2º ESO), que conseguiu a medalla de bronce, os quintos postos de Mariana de Carli (3º ESO) e Borja Corral (2º ESO), e o cuarto posto de Diego Ardura (3º ESO).

Felicitamos a todos pola súa participación, entusiasmo e esforzo, e agradecemos a Verónica (profe) que nos acompañase e axudase durante toda a mañá.

Departamento de Educación Física e Deportiva.

Podium Cadete Feminino Podium Cadete Masculino
Podium Infantil Feminino Podium Infantil Masculino

 

(Preme nas fotos para velas en maior tamaño)

Falan para nós

No IES Leiras Pulpeiro temos a sorte de coñecer a autores e autoras moi representativos da nosa literatura. Moitos deles deixáronnos as súas mensaxes escritas ou faladas para toda a comunidade educativa, e mesmo debuxaron as súas dedicatorias enm vivo e en directo.

Inauguramos unha nova páxina fixa no blog da biblioteca, chamada "Falan para nós", na que podedes ver os vídeos.

Visita de Xosé Neira Vilas

O pasado xoves 16 de abril tivemos a inmensa fortuna de poder contar coa presenza de D. Xosé Neira Vilas, que tivo a xenerosidade de facernos unha visita e charlar co alumnado de Bacharelato.

Os nosos alumnos e alumnas non esquecerán as súas palabras. Tiveron a oportunidade de estar cunha lenda da nosa literatura, que ademais demostrou a súa grande humanidade.

 

Nova en La Voz de Galicia

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Admisión probas libres para a obtención de títulos de FP

Convocado proceso de admisión para probas libres para a obtención de títulos de ciclos formativos de Formación Profesional (LOE).

Pódese acceder á información sobre requisitos, instrucións e prazos nos documentos adxuntos:

 

Neira Vilas visitará o IES Leiras Pulpeiro

O vindeiro xoves 16 de abril teremos o pracer de contar coa visita de Don Xosé Neira Vilas, un dos autores máis importantes da nosa literatura e creador das "Memorias dun neno labrego", que pasará un rato falando co noso alumnado. A charla-coloquio co alumnado de bacharelato terá lugar no salón de actos ás 12:00 h.

Día Mundial do Teatro

Co gallo do Día Mundial do Teatro (27 de marzo de 2015) o alumnado de 4º de ESO deleitounos cunha representación teatral da obra “Asi foi, doutor”, de Suso de Toro. Pasamos un rato divertidísimo coas desventuras do pobre Xosé.

Podes ver a presentación de fotos ou visionar o vídeo desta breve e divertida obra.

Probas para obter título Bacharelato para maiores de 20 anos

Convocadas probas para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos. Prazo de inscrición dende o 31 de marzo ao 17 de abril. Probas 7 e 8 de maio. 

Convocatoria premendo nesta ligazón.

Biblioleiras: exposición de libros dedicados polos seus autores

Na sala de lectura da nosa Biblioteca temos unha exposición con exemplares de libros dedicados e asinados polos autores e autoras que visitaron o noso centro: Agustín Fernández Paz, Antonio Reigosa, Xesús Alonso Montero, Darío Xohán Cabana, Fernando Lalana, Anxo Fariña, Blanca Álvarez, Marina Mayoral, María Reimóndez, Paco Martín, Joan Manuel Gisbert...

E temos unha sección especial adicada a Xosé Neira Vilas.

 

Preme na imaxe para acceder á información

Distribuir contido


by Dr. Radut