Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Terceiro posto para o Leiras no Xogade Cadete de Xadrez

O equipo formado por Héctor Avalle, Arón Fernández, Nico García e Martín Casanova acadou a terceira posición ao vencer ao Clube Recatelo na última ronda da final do Torneo Xogade 2022 de Xadrez desputado o domingo 29 de maio. Pola súa banda, o equipo infantil formado por Juan López, Olmo Portomeñe, Iago Vázquez e Iago Baamonde tivo que conformarse cun cuarto posto nunha durísima categoria con varios xogadores que ostentan ranking internacional.

Lonxe da parte competitiva, o noso equipo mostrou a forza inclusiva que ten o xadrez sendo unha excelente representación do noso centro educativo, polo que lles damos as grazas polo seu compromiso, a súa ilusión e polo trofeo conseguido que pasa a formar parte das nosas vitrinas.

 

 Os nosos 8 xogadores

 Os infantís no match contra Viveiro

 Os cadetes, tamén contra os representantes da costa

Demostramos que ademais do xadrez, tamén dominamos o voleyball 

Venres Musicais - Século XXI (27-05-2022)

 

Episodio de venres musicais na que abordamos por fin o século XXI. Todo música actual.

Dirección: Félix
Locutores: Samuel Hermida, Eva Díaz, Judith López (1ºBAC-B)
Control e gravación: Xabi

Isabel López Quiroga de 2ºC, na final da Olimpiada Galega

A nosa alumna de 2ºC, Isabel López Quiroga clasificouse brillantemente para a final galega da Olimpiada Matemática 2022 ao quedar entre os 5 primeiros postos da provincia da Lugo.

O día 26 de maio celebrouse no Círculo das Artes de Lugo esta fase final galega. Os 40 finalistas procedentes das 4 provincias demostraron un altísimo nivel na realización das probas, incluída Isabel que representou cuin gran esforzo ao noso centro educativo sendo das últimas en entregar os exercicios. 

Os premios principais foron para Xosé González Prego do IES Eusebio A Guarda, María Blanco Iglesias do IES de Cacheiras e David Lago Alonso do IES Illa de San Simón

Moitos parabéns aos gañadores, a todos os finalistas, a nosa Isabel, e a todos aqueles que vos superades día a día co traballo nas aulas de matemáticas.

Venres Musicais - A movida dos 80 (24-05-2022)

Episodio de venres musicais emitido un martes. Como El Jueves, que se distribúe os mércores.

Dirección: Nuria Castelo
Locutores: Nuria Ledo, Natalia López, Hugo López, Sergio López (3ºESO-D)
Control e gravación: Xabi

Convocadas as bolsas para o alumnado con NEAE

Dende o 19 de maio está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

As bolsas son convocadas polo Ministerio de Educación e podes acceder a toda a información premendo aquí.

O prazo remata o 30 de setembro de 2022

Recuperación de materias no mes de xuño 2022

Na semana do 6 de xuño terá lugar a terceira avaliación, momento no que o equipo docente elaborará un informe individualizado coas materias non superadas para cada alumno/a da ESO. Dito informe estará accesible na nosa aula virtual no curso Administración Alumnado xunto ao boletín de notas.

Durante o mes de xuño, en cada materia, faranse actividades para recuperar antes da avaliación final.

 

 

Tamén podes consultar nos seguintes anexos os instrumentos de avaliación a aplicar por cada departamento.

 

Vídeo Memories

Vídeo musical feito na materia de Linguaxe e Práctica Musical de 1ºBAC, curso 2020-2021.

Edición polo mesmo grupo, xa en Imaxe e Son de 2ºBAC no seguinte curso 2021-2022.

 

Graduación 2ºBAC

 

Lembranzas dun día moi especial.

Quero agradecer a colaboración de todos, dende Iván e Cristina polos seus discursos, Nuria pola presentación, Manuel polo discurso, José Antonio polo vídeo, Antón e o seu grupo "Foolans", todo o equipo de decoración, que o curraron moito e quedou coma nunca, e o equipo técnico de imaxe e son, que sen eles non sería posible a emisión do vídeo.

 

 

Novos bancos no xardín

Seguimos a incorporar novos elementos ao noso fantástico xardín. Nesta ocasión colocamos á altura do Salón de Actos 4 bancos que farán parte dunha futura Aula Exterior. Esperamos tamén que esta actuación permita unha distribución máis amplia do alumnado no período de lecer, abrindo outros espazos para alén das pistas deportivas do patio.

Temos que agradecer esta achega a Área de Infraestruturas do Concello de Lugo.

Venres Musicais - Os Maios (13-05-2022)

 

Novo programa de venres musicais no Leiras Pulpeiro, dsta vez dedicado ao maio, o mes das frores.

Dirección: Rosa Varela
Locutores: Nour, Iria, Rubén, Amina, Andrea, Virginia
Control: Pablo Fdez Pazó

Distribuir contido


by Dr. Radut