Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Conferencias sobre alimentación

No IES Leiras Pulpeiro seguimos co  firme propósito de promover unha alimentación saudable entre o noso alumnado. Desta volta tivemos a sorte de contar coa endocrinóloga do HULA, Rosa Argüeso Armesto. Esta gran profesional da sanidade pública explicoulle ao alumnado de 1° da ESO os principais tipos de alimentos, os nutrientes que nos aportan e as proporcións diarias e semanais recomendadas. Ademais, resolveu numerosas dúbidas e transmitiulles unha serie de consellos para levar unha dieta variada e equilibrada. Consellos que esperemos que apliquen no seu día a día, mellorando a súa saúde e a das súas familias.

 

Venres Musicais - Música clásica no cine (03-03-2023)

Primeira sesión de música clásica no cine

Dirección: María Cabo
Locutores: María Cabo, Patricia, Andrés, Gabriel e Ainhoa
Control: Samuel

Venres Musicais - Himnos frikis (10-03-2023)

 

Segunda sesión de himnos, neste caso non de países, senón de colectivos.

Dirección: Antonio Bernárdez
Locutores: Antonio, Xabi, Area, Yasmina, Amina, Nour, Iria (3ºESO)
Control: Xabi

Alimentación e Saúde

Cales son os cánones de beleza e saúde da sociedade actual? Como a nosa alimentación se pode ver influenciada polas redes sociais? En que grado a percepción da nosa imaxe corporal vén marcada por estereotipos e prexuízos? Para dar resposta a estas e outras cuestións, esta semana contamos coa presenza de Alba Costoya, educadora social de Cruz Roja. O alumnado de 2° de ESO debatirá e tomará conciencia sobre aspectos relacionados coa Alimentación e a Saúde.

Visita ao Museo da Domus e ao Aquarium Finisterrae de Coruña

Os días 6 e 14 de febreiro o alumnado de 3º ESO trasladouse para unha experiencia práctica desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía. Alí puideron experimentar co mundo da neurobioloxía así como da biomecánica do corpo humano a través dos diferentes xogos interactivos que o Museo do Home de A Coruña ten nas súas salas. Tamén participaron no que xa ben sendo un habitual nesta excursión: o obradoiro de disección do corazón, que desata amor e odio a partes iguais. A visita continuou no Aquarium, coa visita imprescindible a Gastón e as focas, e coas explicacións das diferentes estratexias reprodutivas que teñen os peixes para perpetuarse no tempo, desde bailes nupciais, migracións, cambios de rol...E mesmo o día de San Valentín, non faltou declaración de amor dun integrante do grupo!! Agardamos repetir en anos vindeiros, declaración de amor incluida. 

 

Venres Musicais - Cancións dedicadas II (24-02-2023)

Segunda sesión de cancións dedicadas

Dirección: Xabi
Locutor: Xabi
Fondos: María, Xabi
Control: Xabi

Roteiro polo Día de Rosalía

O día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e no noso centro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración cos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura Galega decidiron celebralo cun roteiro dirixido ao alumnado de 3º da ESO polos lugares rosalianos da nosa cidade.

Retrato de Rosalía de Castro pola coordinadora do EDLG Belén Martín

Alumnado 3º ESO A e B no mural do CEIP Menéndez Pelayo

 

Alumnado de 3º ESO C e D ante a estatua de Rosalía no parque que leva o seu nome

 

Rosalía Sempre

 

NUTRIESCOLAS 2: POR UN LEIRAS MÁIS SAUDABLE. CURSO 2022-2023

 

 

 

 

Logo Gañador
 
Sara co seu Premio Saudable

Venres Musicais - San Valentín (10-02-2023)

 

Programa dedicado a San Valentín.

Dirección: Judith
Locutores: Alexandre, Félix, Carla, Judith, Samuel, Eva
Control e fondos: Xabi

Distribuir contido


by Dr. Radut