Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Pre-Matrícula 23-24

Con motivo da planificación do curso 23/24 ábrese entre o 17 e o 30 abril o período de pre-matrícula para o alumnado que cursa actualmente 2º, 3º, 4º da ESO e 1º de BAC.

Na sección Pre-matrícula do curso Administración Alumnado da nosa Aula Virtual, haberá dispoñible un formulario individualizado onde cada alumno/a escollerá a súa optatividade (ver imaxe desta nova)

Co obxecto de asesorar ao alumnado nesta escolla, o departamento de Orientación ten organizado visitas durante os próximos días a todas as aulas implicadas.

O alumnado que se matriculará o curso que vén en 4º da ESO comezará a facer unha escolla de optatividade que o encamiñará nun itinerario determinado dentro do noso sistema educativo.

O alumnado actualmente matriculado en 4º da ESO, fin de etapa educativa, terá que facer fronte ao final deste curso a unha decisión de continuidade.

Con tal motivo, e para orientar ás familias que o necesiten neste proceso, teremos unha reunión informativa o mércores 19 de abril ás 16:30h para as familias do actual 3º da ESO e ás 17:30h para as do actual 4º da ESO no Salón de Actos do noso instituto.

 

Venres Musicais - Primavera (14-04-2023)

 

Programa dedicado a dar benvida á primavera.

Dirección: Nuria, María
Locutoras: Muria, María
Control: Xabi

Venres Musicais - Pura autoindulgencia (31-03-2023)

Programa de música sin tema específico. Benvidas as vacacións.

Dirección: Félix
Locutores: Félix, Alexandre, Carla, Judith, Samuel, Eva
Control: Xabi

Letras Galegas 2023 II

 

Podcasts feitos polo alumnado de 4ºESO, baixo a dirección de Inma Gayoso

00:00 Sabela Barreiro (Rafael Dieste)
06:00 Martín Casanova (Luis Seoane)

Letras Galegas 2023 I

 

Un grupo de alumnas e alumnos de 4° de ESO, coordinados por Inma Gayoso, realizou estes podcast sobre temas varios da literatura, arte e cultura galegas. Uns excelentes e completos entrantres para chegarmos por todo o alto ao 17 de maio, día no que homenaxearemos a Francisco Fernández del Riego. 
Que vos presten!
 

00:00 Álvaro Lamazares (Neotrobadorismo)
01:54 Naiara Lemos (Maruja Mallo)
05:36 Laura Blanco (Luis Amado Carballo)
09:48 Nuria Ledo (Seminario de Estudos Galegos)
15:30 Rita López (Revista Nós)
20:21 Alejandro Siota (Revista Nós)

Venres Musicais - Músicos transgresores (24-03-2023)

Programa no que salientamos aqueles músicos que dunha maneira ou doutra innovaron e romperon os moldes da dúa época.

Dirección: María
Locutores: María, Estela, Jorge, Nahir, Sabela (1ºBAC)
Control: Xabi

Bolsas de Bacharelato, FP e Universidade

Acaba de ser publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24 (dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico). O prazo ábrese do 27 de marzo ata o 17 de maio.

Accede a toda a información en:

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

 

Venres Musicais - Rock de Turing (17-03-2023)

 

Programa de rock en el que intentamos verificar el test de Turing

Dirección: Xabi
Locutores: Xabi e invitado misterioso
Control: Xabi

Conferencias sobre alimentación

No IES Leiras Pulpeiro seguimos co  firme propósito de promover unha alimentación saudable entre o noso alumnado. Desta volta tivemos a sorte de contar coa endocrinóloga do HULA, Rosa Argüeso Armesto. Esta gran profesional da sanidade pública explicoulle ao alumnado de 1° da ESO os principais tipos de alimentos, os nutrientes que nos aportan e as proporcións diarias e semanais recomendadas. Ademais, resolveu numerosas dúbidas e transmitiulles unha serie de consellos para levar unha dieta variada e equilibrada. Consellos que esperemos que apliquen no seu día a día, mellorando a súa saúde e a das súas familias.

 

Venres Musicais - Música clásica no cine (03-03-2023)

Primeira sesión de música clásica no cine

Dirección: María Cabo
Locutores: María Cabo, Patricia, Andrés, Gabriel e Ainhoa
Control: Samuel

Distribuir contido


by Dr. Radut