Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Estivemos en Santiago co Dr. Ángel Carracedo

O xoves 25 de febreiro, o alumnado e profesorado de Bioloxía de 2° de Bacharelato visitamos en Santiago de Compostela a Fundación  Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de Genotipado.

Tivemos o privilexo de ser guiados na visita polo Dr. Ángel Carracedo, quen nos tratou coa súa permanente afabilidade e respostou amablemente a todas as preguntas que lle formulamos.

O 5 de abril recibirémolo nós no Leiras Pulpeiro.

Grazas novamente, Ángel. Esperámoste!!!

Visita Ángel Carracedo_Santiago



story | by Dr. Radut