Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Hoxe, aniversario da morte do Mahatma Ghandi, levamos a cabo unha serie de actividades no centro commemorando o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que se celebra desde 1964 nos centros educativos, aínda que non fora recoñecido pola UNESCO ata 1993.

Participamos en xogos cooperativos, puxemos en común ideas, reflexionamos sobre a nosa idea da Paz, limos uns poemas, escoitamos a marabillosa música de Xoán Montes sobre o poema Negra Sombra, de Rosalía...

Finalmente, plantamos dúas arbores no noso xardín: unha camelia branca recordando á nosa benquerida Elena Blanco e un abeleiro vermello en honor a Manuel Blanco. Ambos os dous foron profesores no noso centro. Non están hoxe connosco, pero a súa memoria si, e permanecerá nesas preciosas árbores do noso xardín.

A paz está preto de nós, na persoa que temos ao noso carón. Non cómpre ir buscala lonxe. Mais temos que coidala, do mesmo xeito que a estas árbores: é un xeito de vivir, de pasar polo mundo, como dicía María Zambrano.

Pódense descargar as fotos con maior tamaño dende esta ligazón: http://www.facebook.com/leiraspulpeiro/posts/836151416441808



story | by Dr. Radut