Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

FIN DUN PROXECTO APAIXONANTE

“Non todas as misións da NASA saen ben, e polo tanto, LASA non ía ser menos. Vémonos o ano que vén. Aburiño amigos!”, esta é a mensaxe final do equipo LASA, que “ameaza” con repetir o próximo ano, xunto con algúns dos membros do equipo TecnoLeiras.

Os equipos LASA e TecnoLeiras na Xornada de Lanzamento en Cerceda

 Aínda que os nosos euipos tiveron algúns problemas técnicos na Xornada do Lanzamento en Cerceda, que haberá que mellorar de cara ao vindeiro ano, ambos fan un balance moi positivo deste proxecto que lles permitiu adquirir competencias, habilidades e novos coñecementos en moitas áreas científicas.

Foi un proxecto ao que dedicaron moitas horas do seu tempo libre e lograron sacar adiante con éxito. Como en calquera traballo en equipo houbo momentos de tensión, nervios, présas e mesmo de desesperación nos momentos antes do lanzamento, pero sempre os afrontaron con moita ilusión, gañas de aprender e pasalo ben (e vaia se o pasaron ben, para mostra!)

Non podemos esquecernos de agradecer a todo o profesorado que fixo posible que este proxecto saíse adiante:

- Mención especial para José Luís Fernández Souto, peza clave neste traballo en equipo,sen o cal nada disto sería posible. Moitas grazas pola túa implicación e por tantas horas que dedicaches a isto.

- Ao profesorado que estivo axudando dende o primeiro momento: Luís Seco, Marta Mato, Xabier Díaz e José Manuel Martínez.

- Ás colaboracións especiais: Nati González por axudarnos a coser os paracaídas e a Marta Penalonga por sacar adiante o concurso de logos.

Ata o vindeiro curso!

 

AdxuntoTamaño
DSC_0014.JPG7.58 MB
DSC_0007.JPG7.43 MB
DSC_0019.JPG4.91 MB
DSC_0026.JPG7.05 MB
DSC_0030.JPG7.33 MB
DSC_0045.JPG5.86 MB
DSC_0015.JPG6.73 MB


story | by Dr. Radut