Semana de Acollida Erasmus+
A semana do 10 ao 15 de marzo recibiremos a visita do alumnado do Lycée Sainte-Marie des Champs de Toulouse, que tan ben nos acolleu no mes de outubro deste mesmo curso escolar. O programa é o seguinte:
Domingo 10 de marzo: Recepción do alumnado e profesorado visitante.
Luns 11 de marzo:
- Acto de benvida no Salón de Actos.
- Actuación Musical.
- Kahoot intercultural.
- Asistencia ás clases.
- Visita á cidade de Lugo pola tarde.
Martes 12 de marzo:
- Proba de Orientación Deportiva.
- Radio Leiras.
- Visita o CEIP de Casás.
Mércores 13 de marzo:
- Etapa Camiño de Santiago, Cebreiro-Triacastela
Xoves 14 de marzo:
- Visita a Santiago de Compostela
Venres 15 de marzo:
- Acto de despedida e entrega de diplomas
Con certeza será unha semana chea de emocións e aprendizaxes para o alumnado de 1º de BAC participante.