Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Programa YAM

O IES Leiras Pulpeiro é un dos centros educativos de Galicia que forman parte do programa YAM, unha iniciativa de prevención primaria consistente nun adestramento a desenvolver en 5 sesións impartido por psiquiatras, psicólogos/as e traballadores/as sociais do SERGAS e orientadores/as da Consellería de Educación que invita aos mozos e mozas a reflexionar sobre as súas emocións e a considerar diferentes enfoques cando se enfrontan a retos da vida ou a problemas de saúde mental.

Durante o curso 2023-24 o YAM será obxecto de análise mediante un Ensaio Clínico Aleatorizado do que o alumnado de 3º da ESO do noso centro poderá formar parte como grupo de control respondendo a unha enquisa inicial e recibindo os talleres de adestramento durante o curso 2024-25 xa como grupo experimental.

O mércores 17 de xaneiro ás 17h no Salón de Actos do noso instituto terá lugar unha reunión informativa na que o equipo investigador do SERGAS informará do programa YAM ás familias do alumnado de 3º da ESO que estean interesadas en autorizar a participación no proxecto.

 

O YAM está financiado ao 95% polo Fondo Social Europeo (FSE).

 

Podedes acceder a toda a información premendo aquí

 



story | by Dr. Radut