Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Parabéns Rosalía

Non todos os anos podemos contar no noso centro educativo cun premio extraordinario ao rendemento académico, polo que cómpre pararse a disfrutalo, compartilo, recoñecelo e aplaudilo moito. Dar os parabéns a quen o fixo posible, comezando pola súa familia que lle deu os valores morais e os medios materiais para facer que crecera tanto e seguindo por todos os que tiveron que ver nas súas aprendizaxes e que conseguiron desenvolver o seu enorme talento.

O CEIP Menéndez Pelayo e o IES Leiras Pulpeiro somos centros públicos, de barrio, multi-culturais, obrigados a xestionar situacións complexas e atender a unha diversidade cada vez maior. Convivimos diariamente con alumnos e alumnas que mostran ser auténticos exemplos de superación e que non todos poden obter o recoñecemento que merecen.

Por todo isto queremos sentirnos parte deste premio e celebralo como un recoñecemento ao esforzo colectivo, representado por unha alumna excepcional. Moitas grazas e moitas felicidades para Rosalía Bernárdez Riopedre.

 



story | by Dr. Radut