Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Torneo Xogade de Xadrez

Este domingo celebrouse nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico unha nova edición do Torneo Xogade de Xadrez no que participou o noso fantástico equipo cadete formado por Nicolás García, Héctor García, Arón Fernández e Martín Casanova.

Foron cinco rondas nas que tiveron que competir contra equipos máis experimentados pese ao que lograron subir ao podium obtendo unha meritoria medalla de bronce.

Moitos parabéns ao equipo e a aqueles/as que colaborades en instaurar unha cultura xadrecística no noso instituto.

 



story | by Dr. Radut