Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Cultura Audiovisual

A materia optativa de Cultura Audiovisual pretende dar unha formación artística e técnica no campo audiovisual, centrándose na fotografía, vídeo e son.

Os contidos a impartir son os seguintes:

  • IMAXE:
    • Orixes da fotografía e do cinema
    • Creación e evolución da fotografía e da linguaxe audiovisual
    • Retoque dixital
    • Principais correntes en fotografía e cinema.
    • Principais formatos audiovisuais (curta, media e longametraxe de ficción, curta, media e longametraxe documental, serie, ensaio fílmico, formatos televisivos, videoclip, fashion filme, anuncio, vídeo educativo, vídeo corporativo/institucional, formatos asociados ás redes sociais, etc)
  • LINGUAXE AUDIOVISUAL
    • Plano, toma, ángulo visual e movementos físicos e ópticos de cámara
    • Exposición, enfoque, encadramento, profundidade de campo, campo e fóra de campo
    • Conceptos básicos sobre iluminación
    • Composición para imaxe fixa e para imaxe en movemento
    • Simboloxía e psicoloxía da cor
  • GUIÓN:
    • O guión literario. Fases de elaboración. Escena e secuencia dramática. A escaleta.
    • O guión técnico e o storyboard
    • A posta en escena: localizacións, decorados (volumétricos e virtuais), caracterización, interpretación, iluminación, movemento
    • A banda de son: perspectiva sonora e posibilidades expresivas
  • PLANIFICACIÓN
    • A montaxe e a posprodución
    • As linguaxes da televisión e a publicidade
    • Equipos humanos de traballo na produción audiovisual: dirección, produción, cámara/fotografa, son, arte, postprodución
    • A distribución de tarefas na produción audiovisual: criterios de selección a partir das habilidades requiridas
    • Fases de traballo: preprodución, rodaxe e posprodución
  • TÉCNICA AUDIOVISUAL
    • Medios técnicos de realización: cámara e accesorios, microfonía, equipamento de iluminación.
    • Gravación do son, sincrónico e recreado
    • Principais softwares de edición non lineal
    • Difusión de contidos audiovisuais: redes sociais, salas comerciais, espazos de exhibición alternativos, festivais cinematográficos en liña e presenciais, etc
    • Protección de datos, propiedade intelectual e dereitos de autoría.


story | by Dr. Radut