Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Charla de Tito Margaride - Luz ao Deporte

O luns 17 de outubro tivo lugar no Salón de Actos do Edificio Multiusos da Xunta unha charla coloquio co atleta da Pontenova Tito Margaride, enmarcado no programa Luz ao Deporte que organiza a Fundación Breogán.

O noso alumnado de 3º da ESO puido coñecer de primeira man a impactante historia dun home que constitúe un verdadeiro exemplo de superación persoal. Tito transmitiu a idea de que "querer é poder" sempre e cando atopes os elementos de axuda adecuados como no seu caso foi a súa familia e o seu adestrador. As barreiras que a mala fortuna lle colocou diante (sufriu un ictus mentres adestraba para clasificarse para os Xogos Olímpicos) non foron suficientes para poñer fin a súa carreira deportiva convertíndose nun referente para calquera persoa que sufra algún tipo de discapacidade. O agarimo e humildade contidas nas palabras de Tito supuxeron unha auténtica lección para todos os presentes.

 

 

 



story | by Dr. Radut