Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Podo ir á ABAU cunha materia suspensa?

Non, non podes.

Para poder presentarte na ABAU, tes que ter o título de BAC
Fonte: https://ciug.gal/PDF/convocatoriaordinariaabau2022.pdf (páxina 2, apartado 1a)

Podes obter o título cunha materia suspensa, sempre e que:

  • a) O equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados a ese título.
  • b) Non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia.
  • c) A alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.
  • d) A media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, para os efectos do cálculo considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

Fonte: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-260122-0001_gl.html (artigo 15)

Se te fixas no apartado C, é preciso facer a convocatoria extraordinaria de BAC a finais de xuño, e por tanto NON TE PODES PRESENTAR Á ABAU EN XUÑO CUNHA MATERIA SUSPENSA



forum | by Dr. Radut