Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Imaxe e Son

A materia de Imaxe e Son está pensada para ser tratada de forma transversal, tanto ao alumnado de ciencias coma o de humanidades e sociais. Ten moita parte técnica, pero tamén artística.

É moi interesante para continuar estudios de Periodismo por Comunicación Audiovisual e ciclos superiores de Imaxe e Son, ademais de ofrecer unha formación básica para proxectos de audio e vídeo en xeral.

A materia ten unha parte teórica, sobre características técnicas de son e imaxe e os distintos aparellos que rexistran en procesan dixitalmente a información, pero ao mesmo tempo é moi práctica. A nota calcúlase un 20% de exame e un 80% de traballos prácticos.

CONTIDOS

  • Son:
    • Acústica: cualidade do son, acondicionamento, transmisión.
    • Captación: tipos de micros, elección dos micros segundo a situación.
    • Mezcla en vivo con mesa de mezcla de directo.
    • Edición e mezcla con software.
    • Características técnicas do son dixital.
    • Radio: elaboración de podcasts e radio en directo.
  • Imaxe fixa:
    • Parámetros dunha cámara réflex.
    • Encuadre, composición.
    • Luz e cor.
    • Tratamento e corrección da imaxe en posprodución.
    • Características técnicas unha imaxe dixital.
  • Vídeo:
    • Características técnicas do vídeo dixital.
    • Edición e posprodución de vídeo.
    • Efectos especiais.
  • Linguaxe audiovisual:
    • Guión.
    • Planos, encuadre, movementos de cámara.
    • Banda sonora.

PROXECTOS

Ademais das pequenas tarefas que sirvan de apoio aos contidos, tales como buscar tipos de micros no mercado, fotografías, temos grandes proxectos como:

  • Realizar programa de radio.
  • Elaborar pequeno guión.
  • Elaborar pequeno vídeo con efectos especiais.
  • Realizar programa de televisión en directo (gravado ou streaming).
  • Realizar pequeno vídeo no que entren todos os pasos, dende a preparación, pasando por gravación, edición e posprodución.


page | by Dr. Radut