Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Erasmus+, Edu-saúde, Edu-excelencia, Quéda-T, Convive-T, Inclúe-T, Xogade, Paisaxe

Venres Musicais - Halloween (28-10-2022)

Programa horrorífico dende as mazmorras do Leiras.

Dirección: Félix
Locutores: Samuel, Alexandre, Eva, Carla, Judith, Félix, Valoría
Control: Xabi

Exposición de Catrinas

Este ano celebramos o Samaín dunha maneira moi tenebrosa e divertida, como non podía ser doutra forma.

Temos armada no segundo andar unha exposición de catrinas realizada polo noso alumnado de 1º da ESO na materia de Educación Plástica e Visual que lle dá un aire festivo ao noso corredor, cheo de cor ao estilo mexicano.

O profesorado elexirá por votación as mellores catrinas que terán de premio un feixe de Leiros para intercambiar na nosa cafetería.

Moitas grazas ao departamento de Artes Plásticas por esta fantástica iniciativa que, como no caso doutras celebracións, o esforzo realizado terá, con certeza, merecido a pena.

 

 

Venres Musicais - Cancións dedicadas (21-10-2022)

Programa feito a base de peticións do alumnado en directo.

Dirección: Xabi
Control: Xabi
Fondos musicais: María

Charla de Tito Margaride - Luz ao Deporte

O luns 17 de outubro tivo lugar no Salón de Actos do Edificio Multiusos da Xunta unha charla coloquio co atleta da Pontenova Tito Margaride, enmarcado no programa Luz ao Deporte que organiza a Fundación Breogán.

O noso alumnado de 3º da ESO puido coñecer de primeira man a impactante historia dun home que constitúe un verdadeiro exemplo de superación persoal. Tito transmitiu a idea de que "querer é poder" sempre e cando atopes os elementos de axuda adecuados como no seu caso foi a súa familia e o seu adestrador. As barreiras que a mala fortuna lle colocou diante (sufriu un ictus mentres adestraba para clasificarse para os Xogos Olímpicos) non foron suficientes para poñer fin a súa carreira deportiva convertíndose nun referente para calquera persoa que sufra algún tipo de discapacidade. O agarimo e humildade contidas nas palabras de Tito supuxeron unha auténtica lección para todos os presentes.

 

 

 

Venres Musicais - Hits de Rock, Jack (14-10-2022)

 

Programa dedicado ás cancións máis famosas do Rock dende os anos 50.

Dirección: Daniel Díaz
Locutores: Daniel Díaz, Antón Jove, María
Control: Xabi

Educar en Xustiza - 22/23

A partir da grande experiencia educativa disfrutada no mes de maio, o alumnado de 3º da ESO participará durante este mes de outubro no programa Educar en Xustiza promovido polo TSXG. Esta actividade insírese no Plan de Acción Titorial do centro, e vai encamiñada a promover o desenvolvemento dunha cidadanía consciente por parte do alumnado e fornecer espazos para que se exerza de maneira activa, crítica e responsable.

O programa é o seguinte:

- 3ºA asiste o 3 de outubro ao Xulgado do Penal nº2  de Lugo

- 3ºB o 11 de outubro ao Xulgado de Instrución nº2 de Lugo

- 3ºC o 18 de outubro ao Xulgado de Instrución nº2 de Lugo

- 3ºD o 19 de outubro ao Xulgado do Instrución nº3 de Lugo

Participaremos en varios xuízos (en xeral, curtos) que terán lugar nesas salas, e o/a maxistrado/a ao final de cada xuízo dará as indicacións necesarias para seguir o procedemento xudicial e comentará a sentenza a ditar.

Na xornada do día 11 de outubro asistimos a cinco xuízos moi interesantes presididos pola xuíza Sandra Piñeiro que nos atendeu cunha amabilidade e unha adicación que queremos destacar. Falounos sobre os detalles de cada caso achegando explicacións históricas sobre o principio de igualdade e a consecución de dereitos. Tamén fixo reflexionar ao noso alumnado sobre as causas da delincuencia, moi ligadas ás adicións. Unha actividade de grande calidade educativa que, abofé,  inspirou vocacións entre os/as participantes.

Ópera Hits (07-10-2022)

Programa dedicado ás arias máis famosas da ópera.

Dirección: Nuria
Locutores: Nuria, Xabi
Control: Xabi

Venres Musicais - Leiras Reloaded (30-09-2022)

Abrimos a porta da radio e aí están, Félix e os seus colaboradores, que levan agardando dende o último programa da festa de fin de curso pasado, e seguen con ganas de máis.

Dirección: Félix
Locutores: Samuel, Alexandre, Eva, Carla, Judith, Félix
Control: Xabi

 

Venres Musicais - One Hit Wonder (16-09-2022)

Programa dedicado a eses grupos que só tiveron un éxito e nunca máis se soubo deles.

Dirección: Xabi e José Manuel
Locutores: José Manuel e Xabi
Control: Xabi

 

Venres musicais: O baixo non soa tan baixo (07-07-2022)

 

Último programa de venres musicais, dedicado en especial ás liñas de baixo.

Dirección: José Manuel
Locutores: José Manuel, Xabi
Control: Alicia

Distribuir contido


by Dr. Radut