Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Complementarias

Actividades desenvolvidas dentro do horario lectivo habitual e nas instalacións do centro.

BIBLIOTECA: concurso "FEBREIRO, MES DO AMOR"

 

Participa no novo concurso da Biblioteca

Consulta as bases en Biblioleiras.

Entroido 2015 no Leiras

Hoxe caeu en venres e 13, mais non desesperamos e voltamos organizar un ano máis o noso desfile de Entroido....

....e saíunos de medo!!!

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Autopsia na USC co Dr. Ángel Carracedo

 

O alumnado de Bioloxía de Segundo de Bacharelato, invitado polo prestixioso Dr. Ángel Carracedo, investigador líder mundial en Medicina Legal e en Xenómica, fixo unha visita ao Departamento de Medicina Legal da USC en Santiago, onde tivo a oportunidade única de participar nunha autopsia simulada sobre un cadáver real, dirixida por el mesmo.

Despois, xunto co propio alumnado de Medicina, realizou unha práctica de disección do corazón, programada dentro do horario lectivo deste alumnado polo Departamento de Anatomía.

Deste xeito se convirtiron, por máis de dúas horas, en verdadeiros alumnos da Facultade de Medicina da USC.

Pódense descargar as fotos con maios tamaño dende esta ligazón: https://www.facebook.com/leiraspulpeiro/posts/839446266112323

 

Viaxe a Roma

O alumnado de Relixión Católica e de Historia da Arte foi de viaxe a Roma. Alí puideron visitar os marabillosos lugares e obras de arte que ofrece esa preciosa cidade: o Coliseo, o Arco de Constantino, o Castel de Sant' Angelo, o Vaticano...

Pódense descargar as fotos con maior tamaño dende esta ligazón: http://www.facebook.com/leiraspulpeiro/posts/836153029774980

 

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Hoxe, aniversario da morte do Mahatma Ghandi, levamos a cabo unha serie de actividades no centro commemorando o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que se celebra desde 1964 nos centros educativos, aínda que non fora recoñecido pola UNESCO ata 1993.

Participamos en xogos cooperativos, puxemos en común ideas, reflexionamos sobre a nosa idea da Paz, limos uns poemas, escoitamos a marabillosa música de Xoán Montes sobre o poema Negra Sombra, de Rosalía...

Finalmente, plantamos dúas arbores no noso xardín: unha camelia branca recordando á nosa benquerida Elena Blanco e un abeleiro vermello en honor a Manuel Blanco. Ambos os dous foron profesores no noso centro. Non están hoxe connosco, pero a súa memoria si, e permanecerá nesas preciosas árbores do noso xardín.

A paz está preto de nós, na persoa que temos ao noso carón. Non cómpre ir buscala lonxe. Mais temos que coidala, do mesmo xeito que a estas árbores: é un xeito de vivir, de pasar polo mundo, como dicía María Zambrano.

Pódense descargar as fotos con maior tamaño dende esta ligazón: http://www.facebook.com/leiraspulpeiro/posts/836151416441808

Visita ao Románico compostelán

O alumnado de Historia da Arte de 2º de BAC visitou o pasado venres 16 de xaneiro a Catedral de Santiago, subíu ás suas cubertas e percorreu as mostras compostelás do románico guiados polos seus profesores.

 

 

Día da Edición na Biblioteca do Leiras

        
Co gallo do Día da Edición, na nosa Biblioteca organizouse unha exposición de libros curiosos, entre os que se atopan:
 
- 1ª edicións de obras emblemáticas 
- Facsímiles
- Obras ilustradas por artistas universais
- Edicións especiais, con motivo dunha efeméride
- Exemplares con prólogo de maestros da literatura
- Libros “raros”...
 
Animámosvos a visitala: paga a pena. (Ligazón a Biblioleiras)
 
 
 
Asemade, o vindeiro mércores 17 de decembro, ás 12:20 h., o alumnado de 4º de ESO poderá asistir a unha charla de Isabel Soto e Alejandro Tobar, da editorial "Hugin e Munin", que publica traducións ao galego de obras de narrativa en lingua estranxeira.
 
 
 
 

Amadriña unha lectora

Outro ano máis cos cativos do CEIP de Casás...

Que ben o pasamos todos!!!

Queres ver todas as fotos?

Preme na imaxe para acceder a todo o contido

 

Clases sen fume

Un ano máis participamos no programa "Clases sen fume", organizado pola Consellería de Educación e a de Sanidade conxuntamente. Elaboramos un vídeo e unha presentación cos traballos que fixemos. Mantivemos o compromiso de non fumar e para demostralo sometémonos a unhas probas de espirometría.

A ver se este ano tamén temos sorte no concurso!!!

   

Adaptación de "We Will Rock You" elaborada polo grupo de 2ºESO-C para a campaña "Clases sen fume" da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Curso 2013-2014

Presentación elaborada polo grupo de 1ºESO-A para a campaña Clases sen Fume da Consellería de Sanidade de Galicia. Curso 2013-2014

 

El País de los Estudiantes: papeleiras e lugonadas

Este curso tamén participamos en "El País de los Estudiantes". O diario de tirada nacional El País proporcionounos unha ferramenta online para poder elaborar e maquetar os nosos periódicos, "Lugonadas" e "Papeleiras", que participan neste concurso anual de diarios escolares.

Este é o resultado:

                  

 (Preme nas imaxes para acceder aos diarios)

Distribuir contido


by Dr. Radut