Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de centro

Menú que reúne as últimas novas do centro.

Segunda avaliación

AVISO IMPORTANTE

A vindeira semana farase a segunda avaliación de forma telemática. As notas publicaranse o venres 3 pola aplicación Abalar. Por tanto, é un bo momento para que a instale quen aínda non a ten. Búscaa na App Store ou Google Play.

Contacto de secretaría

Como aínda me chegan avisos por terceiras persoas de xente que non sabe como contactar co administrador da web, a pesar de que máis abaixo sae o correo en grande e negrita, vouno poñer máis fácil. É o último intento.

Se non lembras a contrasinal, pero tes correo,

PULSA AQUÍ

 

Se nunca diches o teu correo,

PULSA AQUÍ

 

e cubre o formulario

Organización do traballo en casa

Temos recibido varias consultas sobre o que debe facer o alumnado en casa.

Repito: cada departamento elaborou o seu plan de traballo. Mira na páxina web o que deixou cada profesor e profesora. ABAIXO e á DEREITA veredes o cadro de DEPARTAMENTOS.

Por exemplo, un alumno de 1º ESO-A debería saber que materias ten e como se chama o profesor de cada unha delas. Só ten que mirar nese cadro e buscar as noticias que se refiran a 1º ESO-A.

 

Atención ao público durante o estado de alarma

Seguindo a instrución dictada pola Xunta de Galicia, segundo a cal os centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas, no horario especificado haberá un membro do equipo directivo no centro.

O centro permanecerá pechado ao público seguindo as instrucións do Real Decreto publicado no BOE» núm. 67, de 14 de marzo de 2020, Artículo 7, onde fai referencia á limitación de la libertad de circulación de las personas.

A atención ao público farase preferentemente a través da conta de correo secretaria.leiras@gmail.com. En horario de 10:00 a 13:00 os días laborables atenderase telefónicamente no número 619131476 (recórdase que dado que o vindeiro venres 20 de marzo é o día non lectivo elixido polo centro, non haberá ninguén no mesmo).

Infórmase ademáis, de que o prazo para presentar a solicitude de praza escolar para o vindeiro curso, prolongarase ata a semana seguinte á reanudación da actividade lectiva, polo que neste momento, non é preciso que acudan ao centro por este motivo.

 

Contacto de secretaría

Se esqueciches o usuario da aula virtual, lembra que o teu usuario é o mesmo do teu correo. Por exemplo de luciaperez@gmail.com, o usuario é luciaperez.

Se esqueciches a contrasinal, no formulario de acceso hai un enlace moi bonito para recordalo:

 

Se aínda así non solucionas, envía un correo a:

secretaria.leiras@gmail.com

Non chames ao centro, non envíes whatsapps a profes. Só a persoa que le ese correo ten o permiso necesario para solucionar o problema. Non perdas o tempo, e fala directamente con el.

 

Traballo durante os días de peche

Durante estes días de peche do centro, cada departamento organizará as actividades que crea necesarias para non interromper o desenvolvemento do curso. Poderá deixar o traballo por tres medios. Consulta na web do centro, nas novas de cada departamento, o procedemento correspondente.

 

  • Aula virtual: para acceder, ir ao enlace na parte superior desta páxina, e poñer usuario e contrasinal.
  • Páxina web do departamento: abaixo á dereita nesta mesma páxina, podes consultar as novas de cada departamento.
  • Correo do profe: pode cada profesor/a envíe un correo de aviso.

Se precisas acceder á aula virtual e non lembras o teu usuario ou contrasinal, no formulario de acceso hai unha opción de recordar contrasinal.

Se aínda así non solucionas, para calquera incidencia coa web ou a aula virtual, envía un correo pedindo axuda a secretaria.leiras@gmail.com

 

AVISO: surante o sábado 14, os servizos web da Consellería estarán cortados por mantemento do servizo.

 

RECOMENDACIÓN: Se aínda non tes a aplicación Abalar instalada, recoméndase o seu uso. Recibirás avisos ao momento no móbil. Podes instalala en Google Play e App Store. Actualmente úsano o 62% das familias do Leiras.

Ollo cos bulos

O máis probable é que circulen moitos bulos nas vindeiras horas e días. Facede caso só ás fontes oficiais. Prensa, televisión, web do centro.

Os avisos que podan circular por whatsapp son pouco de fiar. Aínda que saia unha foto dun periódico ou dun comunicado; as fotos pódense manipular dende hai máis de 20 anos, e agora incluso os vídeos.

Sentidiño ...

Suspensión de clases

As clases suspéndense dende o luns 16 durante dúas semanas.

Recoméndase que os alumnos tampouco vaian a clase mañá venres.

Permanecede atentos a esta web, ao facebook ou ás notificacións da aplicación Abalar para sucesivas informacións.

 

SUSPÉNDESE A MOBILIDADE ERASMUS+

AVISO IMPORTANTE DE ÚLTIMA HORA

A mobilidade Eramus + do Proxecto Conviviendo en el Camino queda suspendida trala prohibición, feita este mesmo serán, para o alumnado de Toulouse de saír do país. Dado que se suma á prohibición de vir do alumnado italiano, a actividade queda posposta sen data.

Convocatoria de becas BAC

A solicitude de becas para bacharelato comezou o 1 de agosto e finaliza o 1 de outubro.

Débea facer cada alumno a títutlo individual na páxina do  MECD:

http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/estudios-no-universitarios.html

 

A secretaría do centro non fai ningún trámite.

Distribuir contido


by Dr. Radut