Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de centro

Menú que reúne as últimas novas do centro.

REANUDACIÓN DA ACTIVIDADE ADMINISTRATIVA NO CENTRO

A partir do luns 11 de maio, reanúdase a actividade administrativa no centro, en horario de 9:00 a 14:00, pero NON AS CLASES. Só haberá unha administrativa e un membro do equipo directivo.

O proceso de admisión de alumnado, que quedou en suspenso o 15 de marzo, reanúdase cos seguintes prazos:

  • Presentación de solicitudes: do 11 de maio ata o 18 de maio
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño
  • Reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.

 

Para a volta á actividade lectiva, estamos aínda agardando instrucións da Consellería.

 

O procedemento de fondolibros do vindeiro curso sairá publicado arredor do día 18 de maio.

 

III Torneo de xadrez IES Leiras Pulpeiro

  • Data: Martes 5 de maio de 2020 ás 17:00h
  • Duración do torneo: de 17:00h a 18:00h
  • Lugar: www.lichess.org (Para participar, tes que crear un usuario na web, leva 1 minuto)
  • URL do Torneo: https://lichess.org/tournament/f4dmQ9eb Podes inscribirte en calquera momento.
  • Palabra Chave para a inscrición: leiras
  • Sistema de xogo: Arena (todos contra todos, segundo vaian finalizando as partidas)
  • Duración de cada partida: 3 minutos + 2 segundos de incremento.
  • Quen pode participar?: Calquera membro da comunidade educativa do IES Leiras Pulpeiro

II Torneo de xadrez IES Leiras Pulpeiro

Segunda edición do torneo de xadrez on-line.

  • Data: Martes 28 de abril de 2020 ás 17:00h
  • Duración do torneo: de 17:00h a 18:00h
  • Lugar: www.lichess.org (Para participar, tes que crear un usuario na web, leva 1 minuto)
  • URL do Torneo: https://lichess.org/tournament/uJ1cnOUa Podes inscribirte en calquera momento.
  • Palabra Chave para a inscrición: leiras
  • Sistema de xogo: Arena (todos contra todos, segundo vaian finalizando as partidas)
  • Duración de cada partida: 3 minutos + 2 segundos de incremento.
  • Quen pode participar?: Calquera membro da comunidade educativa do IES Leiras Pulpeiro

 

I Torneo de Xadrez On-Line IES Leiras Pulpeiro

Convócase o I Torneo de Xadrez On-Line para a comunidade educativa do IES Leiras Pulpeiro

Data: Martes 21 de abril de 2020 ás 17:00h
Duración do torneo: de 17:00h a 17:45h

 

  • Lugar: www.lichess.org (Para participar, tes que crear un usuario na web, leva 1 minuto)
  • URL do Torneo: https://lichess.org/tournament/V09eJFxO Podes inscribirte en calquera momento.
  • Palabra Chave para a inscrición: leiras
  • Sistema de xogo: Arena (todos contra todos, segundo vaian finalizando as partidas)
  • Duración de cada partida: 5 minutos + 3 segundos de incremento.
  • Quen pode participar?: Calquera membro da comunidade educativa do IES Leiras Pulpeiro

Anímate e Participa!

TERCEIRO TRIMESTRE

Prezadas familias,

Agardamos que esteades ben de saúde, que nestes momentos é o principal obxectivo do confinamento.

Despois deste período vacacional atípico, permanecemos  á espera de novas instrucións sobre o desenvolvemento da 3ª avaliación por parte da Consellería, despois da reunión que se celebrará o vindeiro mércores 15 entre a ministra e as autoridades educativas autonómicas. Polo de agora, seguiremos as instrucións publicadas onte 13 de abril na páxina web da Consellería, que indican que debemos seguir coa actividade lectiva non presencial, tal e como viñemos facendo ata agora.

Nos vindeiros días, para calquera consulta sobre unha materia en particular, pódense poñer en contacto co profesor ou profesora correspondente, principalmente a través de correo electrónico. Para cuestións xenéricas sobre a actividade docente, poden contactar con Xefatura de Estudos a través do enderezo xefatura.leiras@gmail.com. De considerar necesaria a atención telefónica poden envíar a este enderezo: nome de persoa, teléfono de contacto e motivo de consulta.

Coa esperanza de reencontrarnos o antes posible, desexámosvos boa sorte e moito ánimo.

Dirección do IES Leiras Pulpeiro

Videotitoriais Webex

PARA ALUMNOS:

 

 

PARA PROFES:

 

Manual App Abalar

Adxuntamos o manual oficial da aplicación Abalar para móbil:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-castellano.pdf

 

Para descargala:

 

Segunda avaliación

As calificacións da 2ª avaliación serán publicadas na plataforma Abalar. Pódense consultar la App a través do móbil desde o venres 3 de abril ás 14:00 horas. Unha vez remate o estado de alarma poderán ser entregadas no boletín habitual.

Grazas e moito ánimo a todas as familias!

Comprobación de datos e capacidade tecnolóxica

Despois de dúas semanas de reclusión en casa, e co tempo que aínda nos queda, e no que só podemos comunicarnos e propoñer actividades mediante as tecnoloxías dixitais, precisamos saber como comunicarvos con toda a comunidade educativa do centro e que necesidades hai en cada fogar.

Para iso, pregamos que sigades este enlace e cubrades os datos que se piden. A primeira pantalla serve para identificarvos, e a segunda para actualizar os datos.

PULSA AQUÍ PARA ACTUALIZAR OS TEUS DATOS

Sobre as tarefas que se encargan para casa, tampouco é cuestión de perder a cabeza. Considerade que é máis importante sobrevivir ao virus, levarse ben coa familia, manter o estado físico e emocional, cultivar as relacións persoais e recuperarse economicamente cando se levante o estado de alarma.

Abrazos para todos e todas.

 

 

 

Manuais de uso

Adxuntamos manuais de diversas plataformas online.

 

MANUAL DE EDMODO

MANUAL DE WEBEX

Distribuir contido


by Dr. Radut