Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Xa comezou a viaxe fin de etapa de 4º de ESO

Escala en Zaragoza

O alumnado de 4° de ESO, acompañado por dúas profesoras, saíu hoxe de madrugada para Barcelona, iniciando a súa viaxe de fin de etapa. Esta tarde fixeron unha escala en Zaragoza.

Boa viaxe!

 

 

Actualización (30/03/2016):

CosmoCaixa Barcelona

CosmoCaixa Barcelona (Museo da Ciencia)

Sagrada Familia

Sagrada Familia

Sagrada Familia

(Preme aquí para ver as fotos a maior tamaño)

 

 

Actualización (30/03/2016):

CosmoCaixa Barcelona

CosmoCaixa Barcelona (Museo da Ciencia)

Sagrada Familia

Sagrada Familia

Sagrada Familia

(Preme aquí para ver as fotos a maior tamaño)

 

 

Actualización (02/04/2016):

 

circo Tarraco 3

circo Tarraco 2

circo Tarraco 1

Circo romano de Tárraco (Tarragona)

Museo de CC Naturais

Museo de Ciencias Naturais (Barcelona)

(Preme aquí para ver as fotos a maior tamaño)

Viaxe a Bruselas cancelada

Ante os últimos acontecementos acaecidos en Bruselas, dende o centro temos contactado telefonicamente coas familias do alumnado inscrito na excursión de 1° de Bacharelato a esa cidade. 

Tendo en conta:

  • que a maior parte dos pais e nais prefiren que a excursión se cancele
  • que o compromiso establecido co Parlamento Europeo para que a subvencione implica ter un número mínimo de alumnos/as visitantes
  • que cun número moi baixo de alumnos/as elevaríase enormemente o prezo da excursión
  • que en Bruselas está decretada a alerta máxima e a viaxe sería dentro de poucos días, o cal suporía un risco para os/as participantes

Informamos:

que a excursión QUEDA CANCELADA

Grazas.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

Participantes Orientación Provincial

O pasado día 10 de marzo un grupo de alumnos e alumnas do Leiras participou no Campionato Provincial de deporte de Orientación.

A proba tivo lugar na zona do parque Rosalía de Castro e acudiron uns 400 escolares de toda a provincia. Do noso centro desplazáronse 50 deportistas, que disfrutaron desta xornada e aos que felicitamos tanto polo seu comportamento como pola súa actuación.

En canto a resultados, nomeamos aquí aos alumnos e alumnas que conseguiron podium. Felicidades!!

Podium Infantil Feminino Podium Infantil Masculino

Jimena, de 1ºA

Campiona

Categoría infantil feminina

Aitor, de 1ºB

Campión

Categoría infantil masculina

Podium Cadete Feminino Podium Cadete Masculino

Marina, de 3ºC

Subcampiona

Categoría cadete feminina

Miguel, de 3ºB

Subcampión

Categoría cadete masculina

 

Departamento de EF

No IES Leiras Pulpeiro, ROSALÍA SEMPRE VIVA

Na Casa-Museo de Manuel María, o 27 de febreiro de 2016, levouse a cabo o concurso de recitado “Rosalía sempre viva”.

Recitaron Laura Argüello e Andrea Vázquez de 4º ESO, e Camila Beltrán e Manuel Rodríguez de 1º Bacharelato.

Camila acadou o 1º premio polo recitado do poema de Manuel María "Verbas a miña nai".

Noraboa a todos!!!!

(Preme na foto para acceder á reportaxe)

Rosalía para todas e para todos

No IES Leiras Pulpeiro todo o alumnado pode desfrutar de Rosalía.

Rosalía tamén se pode ler e escoitar con pictogramas:

Estivemos en Santiago co Dr. Ángel Carracedo

O xoves 25 de febreiro, o alumnado e profesorado de Bioloxía de 2° de Bacharelato visitamos en Santiago de Compostela a Fundación  Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de Genotipado.

Tivemos o privilexo de ser guiados na visita polo Dr. Ángel Carracedo, quen nos tratou coa súa permanente afabilidade e respostou amablemente a todas as preguntas que lle formulamos.

O 5 de abril recibirémolo nós no Leiras Pulpeiro.

Grazas novamente, Ángel. Esperámoste!!!

Visita Ángel Carracedo_Santiago

Día de Rosalía

No IES LEIRAS PULPEIRO Rosalía está sempre viva.

Preme na imaxe se queres ver no noso blog "É un falar" o que fixemos o 24 de febreiro, Día de Rosalía...

Photocall Leiras_Rosalía_Manuel María

Resolución do I Concurso de debuxo 'Logotipo AMPA Leiras Pulpeiro'

O pasado venres 19 de febreiro a directiva da AMPA fixo entrega dos premios do I Concurso de debuxo “LOGOTIPO AMPA LEIRAS PULPEIRO”.

Presentáronse excelentes traballos. O xurado otorgou tres premios, consistentes nun smartphone, unha tableta de 10" e unha de 7" para o primeiro, segundo e terceiro traballo seleccionado, respectivamente.

Ademais, o logotipo que acadou o primeiro premio será o que a AMPA utilizará a partir de agora en todos os seus materiais.

Estes son os logotipos premiados. Noraboa, rapazas!!!

Os tres premiados

 Primeiro premio

Primeiro premio

Primeiro premio

Carmen Reyes García (4ºB ESO)

 

Segundo premio

Segundo premio

Segundo premio

Lucía Veiga Teixeira (4ºA ESO)

Terceiro premio

Terceiro premio

Terceiro premio

Noa Carreira Vázquez (1ºA ESO)

Cata de mel no Ciclo Formativo

 

(preme aquí para ver as fotos en tamaño grande) 

O alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Procesos e calidade na industria alimentaria asistimos onte a unha cata de mel da Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia" a cargo da técnico do Consello Regulador "Mel de Galicia", Beatriz Ríos.

Puidemos catar meles monoflorais de queiroga, castiňeiro e eucalipto. Aprendemos a recoňecer a cor, a olor e o sabor das mesmas.

 

Danzas escocesas no Leiras Pulpeiro

O pasado 5 de novembro, o alumnado e profesorado de 3º de ESO achegámonos á cultura escocesa e ás súas danzas da man de David Vivancos, un escocés con raíces españolas. A actividade estivo organizada conxuntamente polos departamentos de Inglés e de Música.

Pasamos un rato divertidísimo. Queremos repetir!!!

Podedes ver as fotos...

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

 

E os vídeos...

Scottish Dances with David Vivancos I (5 novembro 2015) from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Scottish Dances with David Vivancos II (5 novembro 2015) from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut