Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Erasmus+, Edu-saúde, Edu-excelencia, Quéda-T, Convive-T, Inclúe-T, Xogade, Paisaxe

Campaña de Promoción do Xadrez

Dándolle continuidade ás actividades de promoción do xadrez destes últimos anos, contamos esta semana con presenza de Diego e Carlos, dous membros da Asociación Xaquedrum, que con este motivo colaboran habitualmente no noso instituto. Todos os cursos da ESO estiveron representados nestas sesións de divulgación, onde o alumnado aprendeu as regras do xogo ou perfeccionou algunha das súas técnicas.

O xadrez, ademais de tratar competencias emocionais e educativas como a concentración, toma de decisións, memoria, control de impulsos, respecto, visión xeométrica,... tamén ten unha forza inclusiva que queremos seguir aproveitando nas aulas e nos corredores do noso centro educativo. Por este motivo, enmarcamos esta actividade dentro do conxunto de actuacións Inclúe-t para a mellora da inclusión.

Crónica da Xornada de Sensibilización coa Discapacidade no Deporte

O venres 26 de novembro tiveron lugar no noso centro educativo unha serie de actividades ao redor das I Xornadas de Sensibilización coa Discapacidade no Deporte organizadas polo club CB Xuncas Diversia.

Xuntouse unha excelente representación de deportistas con discapacidade que viñeron acompañados do ex-capitán do Breogán Salva Arco, colaborador habitual dos movementos sociais da cidade.

Xornadas Discapacidade Deporte

O alumnado de 1ºC, 2ºC e 2ºD puido experimentar, guiados por un monitor, o que é xogar ao baloncesto cunha cadeira de rodas e aproveitar a presenza de Salva Arco para tirar uns tiros con el.

O alumnado de 3ºC asistiu a unha charla impartida por Álvaro Illobre, tenista paralímipico campión de España. Álvaro preside, ademais, o club de baloncesto Abeconsa Basketmi e veu acompañado do seu mellor xogador, o polaco Karol Szulc. Na segunda parte da charla incorporouse Ionut Preda o paralímpico viaxeiro, 25 veces campión de España en varias modalidades para discapacitados e podium galego absoluto en Halterofilia. Unha persoa chea de forza física e mental que nos demostrou como non hai barreiras que paren o esforzo, o traballo e a ilusión.

Na hora de lecer, Salva Arco deu un paseo polo patio onde non parou de asinar autógrafos e tirar fotos co noso alumnado.

Unha xornada que nos deixou unha fonda pegada, feita realidade grazas ao CB Xuncas e á colaboración do profesorado de Educación Física e das titoras de 2ºC e 2ºD, onde vimos exemplos magníficos de superación persoal que nos contaxiaron a súa sensacional vitalidade para seguir adiante con enerxías renovadas neste curso escolar.

Xornada de Sensibilización coa Discapacidade no Deporte

O venres 26 de novembro de 2021 terán lugar no noso centro educativo tres actividades enmarcadas dentro das Xornadas de Sensibilización coa Discapacidade no Deporte organizadas polo Club Xuncas Diversia.

O programa para este día é o seguinte:

Programa

10:10-11h Curso 1º C - Exhibición dun baloncestista discapacitado internacional no noso Pavillón.

11h-11:30h Paseo do ex-capitán do Breogán Salva Arco polo noso patio durante o período de lecer.

11:30h-12:20h Curso 3º C - Charla na aula de 1.04 cun tenista paralímpico español.

Esta xornada forma parte do conxunto de actividades do programa EduSaúde co que pretendemos promover o exercicio físico, a actividade deportiva e os hábitos de vida saudables entre o noso alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut