Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Familias

FOLGA DE TRANSPORTE

HOXE MARTES E MAÑÁ MÉRCORES 21 NON HAI TRANSPORTE ESCOLAR DEBIDO Á FOLGA CONVOCADA NO SECTOR.

Convocatoria do Fondo de Libros

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula o Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2017-18.

 

Podes ver unha páxina resume en PDF no adxunto ó final na noticia.

 

A páxina da xunta coa información é esta: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Alerta por neve

ÚLTIMA HORA 

A Comisión escolar de alertas decidiu hoxe suspender o trasnporte escolar dende o 22 de marzo ás 12 horas ata as 12 horas do día 23.


Por tanto, mañá non hai transporte de volta e o día 23 non hai transporte de ida ao centro.

Libros de texto Bacharelato - Curso escolar 2016-2017

Libros texto BAC 2016-2017

(Prema na imaxe para acceder a todo o listado do Bacharelato)

Apadriña un lector 2016

Como cada mes de xuño desde hai xa seis anos, estamos encantados de tender esta ponte entre o noso centro e o CEIP Casás. Os nenos e nenas de 5 anos do colexio viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas. 

Se queres saber máis, preme nesta ligazón: "Apadriña un lector 2016" en Biblioleiras.

 

 

Apadriña un lector 2016 de IES Leiras Pulpeiro en Vimeo.

1ª COLOR RUN solidaria "DIVERSICORRE"

Tres entidades sociais (Alucem Lugo, As Quetas e ARELAS) están a organizar unhas carreiras/andainas para adult@s e nen@s polo centro da cidade de Lugo, para visibilizar a diversidade e concienciar sobre a Igualdade de Oportunidades, a 1ª COLOR RUN solidaria "DIVERSICORRE".

​​Será un acto onde haberá deporte, música, baile, agasallos e sobretodo cor, o vindeiro 21 de maio ás 18:00 h na Praza Maior de Lugo.

O participantes das carreiras/andainas deberán traer unha camiseta branca ou de cor clara para o lanzamento dos pós de cores e así facer unha preciosa foto- finish.

Para inscribirse debe entrar na web da Federación Galega de Atletismo http://www.carreirasgalegas.com/carreira/1-carreira-diversicorre-color-run/0f9e8049-a426-24cf-d139-39d78f213b61

 

Uxía Senlle e Magín Blanco cantaron a Manuel María

O venres, 29 de abril, a cantante Uxía Senlle e o músico Magín Blanco estiveron no noso centro presentándonos as cancións do seu disco "Canta o cuco", nas que lles poñen música aos poemas de Manuel María. 

Podes ver o ben que o pasamos na reportaxe de BIBLIOLEIRAS.

  

Simulacro de incendio no Leiras Pulpeiro

Exit Pictograma Simulacro de incendio

Dentro do Plan de Autoprotección do centro, onte, luns 4 de abril, levamos a cabo un simulacro de evacuación no instituto.

Simulabamos un incendio na sala das caldeiras. O alumnado, profesorado e persoal non docente, levou a cabo a evacuación do centro moi rapida e eficazmente. Cando chegaron os bombeiros, ambulancia e policía, todo o mundo xa estaba fóra dos edificios, no punto de encontro (o patio).

Noraboa a todas e a todos por ter levado a cabo todo o establecido no plan dun xeito tan exemplar. Aínda que nos mollamos un pouquiño, foi divertido, non si?

Grazas!!!

Día Mundial do AUTISMO - 2 de abril

O equipo da biblioteca convídavos a participar nas actividades que imos realizar para conmemorar o Día Mundial do AUTISMO.

Se queres saber que podes facer, entra en BIBLIOLEIRAS...

Día do Autismo 2016

 

Xa comezou a viaxe fin de etapa de 4º de ESO

Escala en Zaragoza

O alumnado de 4° de ESO, acompañado por dúas profesoras, saíu hoxe de madrugada para Barcelona, iniciando a súa viaxe de fin de etapa. Esta tarde fixeron unha escala en Zaragoza.

Boa viaxe!

 

 

Actualización (30/03/2016):

CosmoCaixa Barcelona

CosmoCaixa Barcelona (Museo da Ciencia)

Sagrada Familia

Sagrada Familia

Sagrada Familia

(Preme aquí para ver as fotos a maior tamaño)

 

 

Actualización (30/03/2016):

CosmoCaixa Barcelona

CosmoCaixa Barcelona (Museo da Ciencia)

Sagrada Familia

Sagrada Familia

Sagrada Familia

(Preme aquí para ver as fotos a maior tamaño)

 

 

Actualización (02/04/2016):

 

circo Tarraco 3

circo Tarraco 2

circo Tarraco 1

Circo romano de Tárraco (Tarragona)

Museo de CC Naturais

Museo de Ciencias Naturais (Barcelona)

(Preme aquí para ver as fotos a maior tamaño)

Distribuir contido


by Dr. Radut