Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Clases sen fume

Un ano máis participamos no programa "Clases sen fume", organizado pola Consellería de Educación e a de Sanidade conxuntamente. Elaboramos un vídeo e unha presentación cos traballos que fixemos. Mantivemos o compromiso de non fumar e para demostralo sometémonos a unhas probas de espirometría.

A ver se este ano tamén temos sorte no concurso!!!

   

Adaptación de "We Will Rock You" elaborada polo grupo de 2ºESO-C para a campaña "Clases sen fume" da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Curso 2013-2014

Presentación elaborada polo grupo de 1ºESO-A para a campaña Clases sen Fume da Consellería de Sanidade de Galicia. Curso 2013-2014

 

El País de los Estudiantes: papeleiras e lugonadas

Este curso tamén participamos en "El País de los Estudiantes". O diario de tirada nacional El País proporcionounos unha ferramenta online para poder elaborar e maquetar os nosos periódicos, "Lugonadas" e "Papeleiras", que participan neste concurso anual de diarios escolares.

Este é o resultado:

                  

 (Preme nas imaxes para acceder aos diarios)

Recitando a Manuel María na Cadena Ser

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega sumouse á iniciativa da Cadena Ser "O Son da Nosa Fala" poñendo voz aos poemas de Manuel María.

O Son da Nosa Fala

(Preme na imaxe para ver ás fotos)

 

Quedamos finalistas no III Concurso Lucus Intercentros

Coma no curso pasado, os representantes do alumnado do noso centro quedaron novamente finalistas no Concurso "Lucus Intercentros". Este ano celebrouse a III edición deste concurso cultural, organizado polo IES Muralla Romana.

Houbo que desempatar para decidir o gañador. O noso centro quedou segundo. Moitas grazas, María, Sara e Daniel por deixarnos en tan bo lugar.

Noraboa ao alumnado do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, gañador do concurso, e tamén ao resto de participantes dos outros centros.

Aquí podedes ver todo o concurso:

 

García Márquez, In Memoriam

O Venres, 25 de abril, na Biblioteca, o alumnado e profesorado do centro leremos a Gabo. Premendo na imaxe podes acceder á publicación no blog da Biblioteca.

II Campus de Verán Científico-Técnico 2014 en Lugo

Preinscrición: do 28 de abril ao 11 de maio.

Aplicación móbil para as familias: abalarMóbil

O IES Leiras Pulpeiro é centro piloto para probar a nova aplicación para teléfonos móbiles que poden utilizar as familias: "abalarMóbil":

 

Esta aplicación xa está activa no centro e pódese descargar dende Play Store (se o teléfono ten sistema operativo Android) ou dende a Apple Store (se é un iPhone). Despois de instalada, a aplicación solicitará sempre un pin para asegurar a privacidade do usuario.

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

Acceder aos datos persoais
Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
Consultar as faltas de conduta
Solicitar unha cita de titoría
Consultar os datos do centro educativo
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
Modificar o idioma da aplicación

Esta nova vía de comunicación será implantada máis adiante no resto dos centros educativos galegos.

Animamos aos pais e nais a descargar e instalar esta aplicación no seu teléfono móbil.

 

Na seguinte ligazón pódese acceder a máis información:

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

 

As instrucións para instalar e utilizar a aplicación "abalarMóbil" está nesta GUÍA PARA AS FAMILIAS.

Conferencia de Ángel Carracedo

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

O 27 de febreiro tivemos a oportunidade de escoitar a D. Ángel Carracedo. É un dos científicos máis prestixiosos que temos. De fama internacional, D. Ángel Carracedo é un referente no eido da medicina forense e da xenómica. Dirixe un equipo de máis de cen investigadores de diversas nacionalidades. Foi recoñecido cos máis importantes premios a nivel internacional e ten publicado moitos artigos nas máis importantes revistas científicas mundiais.

Calquera pode acceder doadamente a información sobre Ángel Carracedo e sobre a súa traxectoria profesional, pero poucos poden desfrutar da súa xenerosidade e da súa profunda humanidade coma o puidemos facer nós. As súas ensinanzas quedarán na nosa memoria, pois son difíciles de esquecer. No salón de actos, cheo completamente de xente, non se movía nin unha mosca, ninguén perdía de vista a Ángel Carracedo, ninguén perdía de escoitar unha soa das súas palabras...

Moitas grazas, Ángel, pola túa xenerosidade.

Convocatoria "Campus científicos de verano"

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "la Caixa", poñen en marcha a 5ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Durante sete días os participantes en CCV 2014 estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de achegamento científico especialmente deseñado para eles por profesores de Universidad e de Ensino Secundario. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia…) e deportivas.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto dende hoxe día 2 de abril ata o día 26 de abril de 2014. Na web de Campus Científicos de Verano podrán atopar máis información con todos os detalles do programa.

“Lugo pedra a pedra” (programa da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua)

En aras de aproveitar e potenciar o patrimonio xeolóxico de Lugo, a Concellerí

Distribuir contido


by Dr. Radut