Skip to Content

Día internacional da muller e a nena na Ciencia

Día internacional da muller e a nena na Ciencia

 

CIENTÍFICAS GALEGAS COMPARTEN AS SÚAS HISTORIAS:
"A CIENCIA ESCRÍBESE EN FEMININO"

O xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Ese mesmo día, ás 12.00 horas, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato do Fernando Blanco asistiron a unha xornada de divulgación (que se emitiu vía streaming para respectar os grupos de burbullas).

Esta acción, realizada en colaboración con CEXTEC e Talentia Summit, pretende animar aos estudantes con información e referencias a seguir no campo das ciencias ou STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas). Neste Día Internacional é necesario apostar por acabar co desequilibrio de xénero nestas disciplinas.

Esta xornada contou coa participación de quince mulleres relevantes nas disciplinas STEM. Ao mesmo tempo, dun xeito moi entretido, as compañías de animación científica e cultural Vermislab e Ciencia Divertida compartiron divertidos experimentos.

Alumnado asistindo á xornada vía streaming

Clases na aula exterior

Os máis xovenciños do Fernando Blanco puideron disfrutar hoxe, aproveitando un día sen chuvia, dunha clase de debuxo ao aire libre na aula exterior.

Clase de debuxo na aula exterior

XV CERTAME DE MICRORRELATOS

 

Por fin!!

Xa está convocado o XV Certame de microrrelatos do IES Fernando Blanco.

Tedes ata o 26 de febreiro para presentar os vosos microrrelatos.

E por suposto haberá premios!

Animádevos a participar! Tedes as bases no seguinte link:

BASES DE PARTICIPACIÓN

 

 

 

INSCRICIÓN E MATRÍCULA NAS ENSINANZAS DE EDUCACIÓN DE ADULTOS

Do 11 ao 19 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula do segundo cuadrimestre do curso 2020-2021, para as ensinanzas do módulo II (2º da ESO) e módulo IV (4º da ESO).

Lembramos, así mesmo, que no caso das Ensinanzas Básicas Iniciais (destinadas a persoas adultas que precisen alfabetización básica, cálculo, aprendizaxe do idioma...), o prazo de matrícula permanece aberto todo o curso.

As ensinanzas de Educación de adultos ofrecen unha nova oportunidade de formación para aquelas persoas que non teñen a titulación básica, para quen non rematou a EXB, para quen precise o título de Graduado en ESO e continuar estudos en ciclos formativos, bacharelato, etc.

As Ensinanzas de Adultos impártense de forma presencial no IES Fernando Blanco, en horario de 18:30 a 22:30, de luns a xoves.

Felicitación para toda a comunidade educativa

Despois dun trimestre repleto de retos para a comunidade educativa, queremos agradecervos a vosa responsabilidade. Ao coidar de vós, estabades coidando tamén ás demais persoas que conviven no IES Fernando Blanco.
 
Moitas grazas!
 
Desexamos que nestes días de Nadal nas vosas familias haxa Serenidade, Saúde e moito Amor.
 
Felices e tranquilas festas e os mellores desexos para o 2021! 
 
Unha aperta dende o IES Fernando Blanco  

 

Nadal 2020

O Nadal xa está próximo e o Fernando Blanco volveuse vestir de gala para tratar de poñer unha nota de luz.

O alumnado do ciclo medio e ciclo básico do departamento de electricidade, do ciclo medio de mantemento e do ciclo básico de automoción, xunto co profesorado dos departamentos de electricidade e de automoción e os bedeis do instituto decoraron o edificio principal e os xardíns montando a iluminación e as figuras que foron elaboradas no instituto.

Bo Nadal!

Vista exterior do Fernando Blanco alumeado

Árbore de Nadal de pneumáticos

Entrada principal 

Vista da torre do reloxo

Restauración do reloxo da torre do IES Fernando Blanco

O reloxo da torre do edificio do instituto volve a marcar o paso do tempo e a dar as badaladas puntualmente cada cuarto de hora.

Maquinaria do reloxo restaurada

A restauración integral do reloxo Ungerer de 1886 foi de carácter conservador e foi realizada por Dans Relojeros da Coruña que pediron permiso para ter exposto o reloxo na súas instalacións da Coruña mentres non se volveu a montar. Nesta restauración primou a recuperación sobre a substitución e volveron ao seu estado orixinal as partes modificadas en intervencións anteriores realizadas durante o último século e medio. Como parte intrínseca dun ben catalogado, formando parte do mesmo, realizaron todos os traballos conforme ás normas de restauración e a carta de Venecia.

Ademais do reloxo, tamén foi restaurada a esfera exterior e o armario que contén a maquinaria.

Vista exterior do reloxo

O reloxo foi fabricado pola Casa Ungerer de Estrasburgo, é un reloxo monumental de tres corpos ou módulos: o de marcha, o de cuartos e o das horas, foi instalado na torre polos reloxeiros madrileños M. Hoefler, nome que se pode ver tanto na esfera como nunha placa no bastidor do reloxo.

Dans Relojeros tomou esta restauración como algo máis que un traballo, pois desde a Fundación, o instituto e o contacto con veciños de Cee transmitíuselles que o reloxo é un símbolo de Cee e tratábase de recuperar unha peza histórica.

O custe da restauración foi asumido integramente pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Proxecto seleccionado na Convocatoria de Axudas Dualiza de Fundación Bankia e FPEmpresa

O IES Fernando Blanco está de noraboa porque foi o único centro de Galicia seleccionado na IV Convocatoria Dualiza para poder realizar un proxecto de colaboración entre o centro e empresas.  

O proxecto impulsado polo departamento de Instalación e mantemento do Fernando Blanco, consiste en construír unha maqueta, a escala real, dunha máquina cerradora de latas de conserva con clinchador rotativo de 4 posicións e 2 rulinas para formar ao alumnado con esta cualificación profesional de mecánico de cerres.

Vídeo Dualiza 2020/21

Este proxecto permitirá ao alumnado do ciclo de Mantemento electromecánico aprender o funcionamento da máquina, a operar con ela e a facilitar a súa incorporación en empresas que as usan no sector de conservas de alimentos, un sector en alza e que demanda técnicos especializados. 

Neste proxecto o departamento de Instalación en mantemento contará coa colaboración de Industrias Cerdeimar, Navales Cerdeiras e GSI Suministros Industriales.

Parabéns para o departamento de Instalación mantemento en nome de toda a comunidade educativa!

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en ESO no curso 2020/21

O venres 13 de novembro publicouse no DOG a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21.

Nesta Orde estáblecese que o alumnado destinatario será:

1- O que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

2- O que non fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21, pero que:

               a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou menor de 6.000 €.

               b) Estea matriculado en educación especial ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda familiar.

Presentación de solicitudes:

O alumnado que fose beneficiario da axuda para a compra de material escolar no curso 2020/21 NON terá que presentar a solicitude.

O alumnado que non tivo ou non presentou a solicitude de axuda para a compra de material escolar no curso 2020/21, terá que presentar a solicitude.

A solicitude teñen que presentala os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non tivo ou non solicItou a axuda para a compra de material escolar. 

A solicitude deberán presentala presencialmente na oficina do instituto, cubrindo os Anexo I e II, que estarán dispoñibles na oficina do instituto e tamén na sede electrónica da Xunta.

Prazo de presentación de solicitudes:

Do 14 ao 27 de novembro de 2020.

Link á Orde no DOG e aos Anexos:

                                     ORDE

                                     Anexos I e II en galego

                                     Anexos I e II en castelán

 

Libros de texto para o curso 2024/2025

 

Iremos publicando os libros de texto conforme os vaian decidindo os departamentos, algúns pospoñerán a decisión para o mes de setembro.

Os libros de texto para o curso 2024/2025 (información actualizada o día 6/9/2024) ordenados por cursos, están dispoñibles no arquivo adxunto. 

Distribuir contido


by Dr. Radut