FIN DE CURSO 2019-20
2º BACHARELATO |
Remate das clases |
5 de xuño |
Publicación das cualificacións |
9 de xuño (ás 10:00 h. por Abalar) |
ESO+1ºBAC+FPBÁSICA
|
Remate das clases |
19 de xuño |
Publicación das cualificacións |
25 de xuño (ás 10:00 h. por Abalar) |
Presentación de reclamacións |
25-26 xuño (até as 14:00 h. do 26 na Secretaría) |
Resolución das reclamacións |
30 xuño ás 11:00 h. na Secretaría |
CALENDARIO DE MATRÍCULA 2020/21
DÍA |
NIVEL
|
XUÑO |
martes 30 |
Matrícula: 2º ESO
(Entrega libros: Alumnado de 1º ESO que pasa a 2º ESO)
|
XULLO
|
mércores 1 |
Matrícula: 3º ESO
(Entrega libros: Alumnado de 2º ESO que pasa a 3º ESO) |
xoves 2 |
Matrícula: 4º ESO
(Entrega libros: Alumnado de 3º ESO que pase a 4º ESO)
|
venres 3 e luns 6
|
Matrícula: 1º BAC
(Entrega libros: Alumnado de 4º ESO con todas as materias aprobadas en xuño) |
martes 7 e mércores 8
|
Matrícula: 1º ESO |
xoves 9 e venres 10
|
Matrícula: 2ª BAC |
A devolución dos libros de texto, que foron repartidos dentro do programa do Fondo de Libros 2019/20, realizarase entre o martes 30 de xuño e o luns 6 de xullo, en horario de 9:30 a 13:00 h. na Aula de Plástica (en fronte da Secretaría). Ademais poden entregar tamén todos os libros pendentes de devolver da Biblioteca. Para evitar desprazamentos innecesarios, recoméndase realizar a entrega do libros cos días da matrícula, conforme á táboa anterior.
RECORDATORIOS:
- Para ser beneficiario do fondo solidario de libros e das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar na ESO para o curso 2020/21 é obrigatorio ter entregado todos os libros adxudicados no curso ou cursos anteriores.
- O alumnado que teña materias que recuperar en setembro só terá que devolver os libros das materias aprobadas en xuño; en setembro entregá os libros das materias pendentes, período no que tamén terá que formalizar a súa matrícula. De haber posibilidade de realizar os exames extraordinarios de setembro de forma presencial, o alumnado entregará os libros pendentes o mesmo día do exame; de non ser posible, xa se habilitará outra vía alternativa.
- O alumnado que teña repetir curso debe devolver os libros igualmente no período estipulado de setembro.
AVISO:
- Para o alumnado de Bacharelato e Formación Profesional, o Ministerio de Educación concova todos os anos unha bolsas de estudo, que se poderán solicitar unha vez formalizada a matrícula (aínda non se publicou a convocatoria para o curso 2020-21)