Skip to Content

Secretaría

Aprazamento presentación ciclos

A presentación de ciclos medios e superiores de Administración e Electrónica, tanto de diúrno como nocturno, adíase para o próximo luns día 28 de setembro. 

Inicio de curso 2020-21

Desde o IES Escolas Proval informámolos de que por fin comezamos o novo curso escolar 2020-2021 mantendo a presencialidade en todos os niveis. Como saben, o inicio das clases realizarase de forma escalonada os días 23, 24 e 25 de setembro e no horario lectivo habitual (8:45-14:30 horas).

Este ano comezamos con moitas ganas e algunha incertidume, pero asegurámoslles que levamos moitas semanas traballando para garantir un regreso seguro ás aulas e poder mantermos un ensino de calidade. Habilitamos todos os espazos do centro, tanto interiores como exteriores, conforme ao protocolo COVID, asegurando a máxima protección do noso alumnado e de toda a comunidade educativa. 

Con todo, precisamos da súa colaboración para reforzar as normas de seguridade desde o ámbito familiar. Ademais, é imprescidible que entreguen na conserxería do centro, debidamente asinada e antes do día 23 (en horario de 9:00-14:00 e de 16:00-20:00), a Declaración responsable pola que se comprometen a realizar a diario a Enquisa de Autoavaliación clínica da COVID e a NON enviar ao centro o seu fillo ou filla se presenta síntomas compatibles coa COVID-19.

Estes dous documentos poden descargalos nos enlaces anteriores ou pedilos no centro; tamén se lles entregará a todas as familias que acudan á reunión do próximo luns 21 de setembro. Así mesmo, achegamos outros dous documentos relacionados co protocolo Covid: "Guía-resumo das instrucións para a adaptación dos centros educativos" e "Guía de volta segura as aulas".

Grazas de antemán pola súa comprensión, e desexámoslle moito ánimo e saúde!

 

Axudas Fondo libros

Publicada a listaxe de beneficiari@s do Fondo de libros 2020-21 e vales para material escolar que pode consultarse na Secretaría do centro ou na sede electrónica da Xunta. Os vales teñen que recollerse na Secretaría a partir de hoxe en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

Presentación ESA

A presentación da Educación Secundaria de Adultos terá lugar o próximo mércores 23 ás 18:10 h. O alumnado deberá agardar na entrada principal do edificio de arriba, con máscara e respectando a debida distancia de seguridade, e iremos chamando por grupos. Lembramos que o proceso de matrícula continúa aberto, e que se pode consultar a listaxe actualizada de alumnado matriculado en 1º e 3º ESA premendo no seguinte enlace.

Presentación ESA

A presentación da Educación Secundaria de Adultos terá lugar o próximo mércores 23 ás 18:10 h. O alumnado deberá agardar na entrada principal do

edificio de arriba, con máscara e respectando a debida distancia de seguridade, e irémolo chamando por grupos.

Distribuir contido


by Dr. Radut