Skip to Content

Secretaría

Premios do I Certame de Micropoesía do Val Miñor "Beatriz da Serra"

Esta semana reuniuse o xurado encargado de valorar as mellores composicións presentadas para o  I Certame de Micropoesía do Val Miñor "Beatriz da Serra", organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística do IES Escolas Proval e IES Terra de Turonio, e dirixido a todo o alumnado dos centros educativos da comarca de entre 9 e 20 anos.

xurado estivo composto por Aurora Fontán Loureiro, profesora do CEP Neira Vilas; María do Carme Vilar Díaz, profesora de Lingua Galega e Literatura e coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Arquitecto Palacios de Panxón (Nigrán); Natalia Vanesa Vargas González, profesora do CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán) e coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega; Santiago Veloso Troncoso, profesor de Lingua Galega e Literatura do IES Terra de Turonio de Gondomar, presidente da asociación Ponte… nas ondas!; e María Pilar Fernández López, profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Escolas Proval de Nigrán.

 

Alumnado premiado por categoría:

MODALIDADE A: ALUMNADO de 4º, 5º e 6º de PRIMARIA

  • 1º PREMIO: Iria Pazos Aniorte, alumna do CEIP Carlos Casares, polo poema “Paisaxes esquecidas”.
  • 2º PREMIO: Noa Sabín Cardoso, alumna do CEIP Carlos Casares, polo poema “Paxariños”.

MODALIDADE B: ALUMNADO de 1º, 2º, 3º de ESO e de FP BÁSICA 

  • 1º PREMIO:  Iria Ludeña Pérez,  alumna do CPI Cova Terreña, polo poema “Unha gaiola de 50 paxaros”.
  • 2º PREMIO:  Irene Pérez González, alumna do IES Terra de Turonio, polo poema “Pombas e rulas”.
  • Por unanimidade, o xurado otorgou mención especial a Iria Ludeña Pérez para constatar a excelencia dos poemas “Abismo” e “Atentamente, eu”, que non poden recibir premio por seren da mesma autora de “Unha gaiola de 50 paxaros”.

MODALIDADE C: ALUMNADO de 4º ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS

  • 1º PREMIO: Clara Rey Barona, alumna do IES Escolas Proval polo seu poema “Dor”.
  • 2º PREMIO: Helena Iglesias Cabral, alumna do IES Escolas Proval polo poema “Tan só morren os do primeiro mundo?”

Premios por categoría:

· 1º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares da publicación dos poemas do certame.

· 2º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares da publicación dos poemas do certame.

Tal e como establecen as bases do concurso, os poemas premiados serán publicados nas webs dos centros convocantes e enviados aos medios dixitais do Val Miñor. Ademais, faremos unha publicación impresa, que servirá para lembrar a Beatriz da Serra -a baionesa que se carteou en galego co Conde de Gondomar- e para a difusión dunha selección dos poemas presentados. Os premios serán entregados nun acto poético organizado polos centros convocantes, pedente de momento por mor da crise santiaria.

  • Para ver os poemas premiados poden premer no enlace
  • Máis información en ValmiñorTV.

Parabéns ás premidas e moitas grazas ao resto dxs participantes, agardámosvos na próxima edición! 

 

Calendario de exames de 2º BAC (convocatoria ordinaria)

Velaquí o calendario de exames da convocatoria ordinaria de xuño do curso 2019/20 para 2º de bacharelato:

HORA LUNS 1 MARTES 2 MÉRCORES 3 XOVES 4 VENRES 5
10:00 - 11:30 Econ. Empresa Lingua castelá      
Grego II
12:00 - 13:30 TICs Xeografía Física Bioloxía Matem. II
Matem. Aplic. II
Latín II
16:00 - 17:30 Historia de España Francés 2LE Inglés Lingua galega Coment. Texto histórico
Química Francés 1LE 
  • Entrega notas: 9 de xuño
  • Reclamacións: 9, 10 e 11 de xuño (até as 12:00 horas). Circular no enlace.
  • Resolución das reclamacións: 11 de xuño ás 14:30 horas
  • Prematrícula ABAU nos centros de Secundaria: 10-17 de xuño
  • Matrícula ordinaria ABAU: 17-19 de xuño (realizada só polo centro)
  • Exames ABAU: 7-9 de xullo

Devolución libros de texto

A devolución dos libros de texto, que foron repartidos dentro do programa do Fondo de Libros 2019/20, realizarase entre o venres 27 de xuño e o venres 3 de xullo, en horario de 9:30 a 13:00 h. na Aula de Plástica (en fronte da Secretaría) conforme ao seguinte calendario:

Alumnado de 4º ESO que titule en xuño  venres 26 de xuño
Alumnado de 1º ESO que pase a 2º ESO  luns 29 de xuño e martes 30 de xuño
Alumnado de 2º ESO que pase a 3º ESO mércores 1 de xullo e xoves 2 de xullo
Alumnado de 3º ESO que pase a 4ª ESO  venres 3 de xullo 

     

 RECORDATORIOS:

  • Para ser beneficiario do fondo solidario de libros e das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar no curso 2020/21 convén ter entregados todos os libros adxudicados no curso ou cursos anteriores.
  • O alumnado que teña materias que recuperar en setembro devolverá só os correspondentes ás materias aprobadas en xuño, quedando pendentes de devolución para setembro os restantes. De haber posibilidade de realizar os exames extraordinarios de setembro de forma presencial, o alumnado entregará os libros pendentes o mesmo día do exame; de non ser posible, xa se habilitará outra vía alternativa.
  • O alumnado que teña repetir curso debe devolver os libros igualmente no período estipulado de setembro.

 

Novas datas para a celebración das probas de acceso a ciclos

Publicadas novas datas para a celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional para a convocatoria 2020, por mor da situación provocada pola pandemia do Covid-19.

CICLOS MEDIOS: realización da proba o 10 de xuño. Sede: CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

CICLOS SUPERIORESrealización da proba o 11 de xuño. Sede: IES de Teis (Vigo).

Cita Orientación

Se desexan concertar unha cita co orientador do centro, Fernando Blanco, para consultar calquera dúbida relativa aos estudos, rogamos que soliciten cita previa a través do seu correo electrónico feblanco@edu.xunta.es, tanto para a atención telefónica como presencial.

Distribuir contido


by Dr. Radut