Skip to Content

Secretaría

Distribución de máscaras entre o alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado   nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial.

Beneficiarios

1. O alumnado ao que se lle condeceu a axuda para adquirir material escolar no curso 20/21 (non necesita facer solicitude, pois o centro xa lle asigna as máscaras directamente no prazo establecido). 
2. O alumnado que non foi beneficiario da axuda para material escolar, conforme aos criterios
    a) Pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    b) Estar matriculado en educación especial, estar suxeito á tutela da Xunta de Galicia ou ter unha 
        discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo para de solicitude: Do 16 ao 27 de novembro (Secretaría do centro 9:00-14:00 h.)

Procedemento:

1. Descargar e cubrir o impreso de solicitude (Anexo I) e entregalo no centro (tamén poden recollelo en papel no centro).
2. Entregar documentación complementaria (sempre e cando non fora xa entregada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21): 
a) Impreso cos datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II)
b) Copia do libro de familia ou equivalente (todos os membros da unidade familiar)
c) Certificado do grao de discapacidade
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada 
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento 
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. 

IMPORTANTE: O centro comezará coa repartición de máscaras a partir do día 27 de novembro directamente entre os beneficiarios da axuda de material escolar; o restante alumnado solicitante terá que agardar á resolución da Xunta.

Erasmus+ en DiverLanhoso

A nosa alumna Rosa Iglesias, do ciclo medio de Xestión administrativa en oferta modular, está realizando o módulo de FCT cunha bolsa de mobilidade Erasmus+ en DiverLanhoso, un parque de aventuras (senderismo, escalada, tirolina, rafting, paintball...), preto do Parque Nacional Peneda Gerês. Aprendizaxe e diversión inesquecible alén Miño!

Inicio curso ciclos formativos


Para consultares o calendario de presentación e inicio de curso de todos os ciclos formativos de Administrativo e Electrónica preme no enlace.

 

 

 

 

 

 

 

Para visualizar os horarios dos respectivos ciclos de Xestión administrativa e Instalacións de telecomunicacións preme nos enlaces da táboa:

BLOQUES HORARIOS

OFERTA MODULAR PRESENCIAL 

ADULTOS (NOCTURNO)

   Xestión administrativa

 

   Instalacións de telecomunicacións  

 

Plan de acollida 2020-21

Para consultar o Plan de acollida do IES Escolas Proval para este próximo curso 2020-21, premede no enlace.

Plan de acollida

Para consultar o Plan de acollida para o novo curso escolar 2020-21, premede no enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut