Skip to Content

Secretaría

Matrícula ESO e BACHARELATO

Na seguinte táboa poden consultar toda a documentación necesaria para efectuar a matrícula do curso 2020-21. Lembren que dita documentación deben entregala na secretaría do centro, traéndoa cuberta xa da casa ou, no seu defecto, colléndoa e cubríndoa directamente no momento de realizaren a matrícula. Ademais, se teñen calquera dúbida respecto á elección de materias ou itinerarios, non dubiden en chamarnos ao número 886110369.

1º ESO

(martes 7 e mércores 8 xullo)

 Impreso matrícula 1ESO

  Autorización para saída do centro

  Cuestionario médico (Programa de alerta escolar)

  Solicitude do transporte escolar

2º ESO

(martes 30  xuño)

  Impreso matrícula 2ESO

  Autorización para saída do centro

  Cuestionario médico (Programa de alerta escolar)

  Solicitude do transporte escolar

3º ESO

(mércores 1 xullo)

  Impreso matrícula 3ESO

  Autorización para saída do centro

  Cuestionario médico (Programa de alerta escolar)

  Solicitude do transporte escolar

4º ESO

(xoves 2 xullo)

  Impreso matrícula 4ESO

  Autorización para saída do centro

  Cuestionario médico (Programa de alerta escolar)

  Solicitude do transporte escolar

1º BACHARELATO

(venres 3 e luns 6 xullo)

  Impreso matrícula Científico-tecnolóxico 1BAC

  Impreso matrícula Humanidades e Ciencias Sociais 1BAC

  Autorización para saída do centro

  Cuestionario médico (Programa de alerta escolar)

  Permiso imformación familia maiores de idade

2º BACHARELATO

(xoves 9 e venres 10)

  Impreso matrícula Científico-tecnolóxico 2BAC

  Impreso matrícula Humanidades e Ciencias Sociais 2BAC

  Autorización para saída do centro

  Cuestionario médico (Programa de alerta escolar)

  Permiso imformación familia maiores de idade

Lembranzas 2º bacharelato

Moito ten chovido desde aquel setembro do 2014 cando chegastes coa mochila chea de libros e inquedanzas. E, case sen decatarnos, esvaéronse seis aniños de cambios, nervios, bágoas, ilusións... Maduramos con vós nun chafariz de sentimentos e vivencias compartidas que, de seguro, ficarán nun recuncho da nosa memoria...
Samaíns, entroidos, concursos, xogos, obradoiros, concertos coa Rockestra, excursións a Edimburgo, Grecia... ou outras máis próximas como ás Cíes ou ao Monteferro. Momentos inolvidables que agora podemos lembrar grazas á montaxe realizada por unha das súas protagonistas, Clara Rey Barona.
Pero agora chegou o momento da despedida, logo desta estraña fin de curso, e desde o Proval só podemos desexarvos que non perdades nunca a curiosidade por aprender... Moitísima sorte!!!



 

Solicitude admisión ciclos formativos

A Consellería de Educación vén de publicar o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2020-21. Inclúense os datas para pedir praza en cursos de especialización, dirixidos a persoas xa tituladas en ciclos formativos. A oferta detallada de ciclos publicarase no DOG a vindeira semana.  

O prazo de solicitudes de admisión vía telemática comeza o 25 de xuño e o calendario detallado pode consultarse no Portal de FP.

 

Lembranzas 2º bacharelato

 
Moito ten chovido desde aquel setembro do 2014 cando a maioría de vós chegastes coa mochila chea de libros e inquedanzas. E, case sen decatarnos, esvaéronse seis aniños de cambios, nervios, bágoas, ilusións... Outros fostes incorporándovos máis tarde, pero todos deixastes a vosa pegada en nós, porque maduramos xuntos nun chafariz de sentimentos e vivencias compartidas que, de seguro, ficarán nun recuncho da nosa memoria...
Samaíns, entroidos, concursos, xogos, obradoiros, concertos coa Rockestra, excursións a Edimburgo, Grecia... ou outras máis próximas como ás Cíes ou ao Monteferro. Momentos inolvidables que agora podemos lembrar grazas á montaxe realizada por unha das súas protagonistas, Clara Rey Barona.
Logo desta estraña fin de curso, chegou o momento da despedida, de iniciardes novos roteiros académicos e vitais, e desde Proval só podemos desexarvos que non perdades nunca a curiosidade por aprender... Moitísima sorte!!!

Intercambio epistolar co IES Nº 1 de Ribeira

Como todos os anos, e para mantermos unha tradición en vías de extinción, realizamos unha actividade de intercambio de cartas con outro centro. Desta vez tocoulle aos grupos de 1 bacharelato co IES Número 1 de Ribeira pero, por desgraza, non puideron celebrar o ansiado encontro lúdico-didáctico cos rapaces e rapazas ribeiráns cos que se cartearan durante o curso; con todo, non se esqueceron deles, e este é o agarimoso saúdo que lles envía o noso alumnado. Agardamos que a resposta non se faga esperar... aínda que sexa vitual! Podedes ver a galería das nosas imaxes neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut