Skip to Content

Secretaría

Fondo libros e material escolar para o curso 2020/21

Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros, vales para material escolar e acceso aos Fondo Solidario de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2020/21.

Presentación solicitudes: ata o 19 de xuño 2020 

Listaxe provisional: 10/07/2020

Listaxe definitiva: 14/09/2020

Forma de presentación:

  • Vía electrónica (máis recomendada): Deberá cubrir a solicitude accedendo á aplicación fondo de libros e logo gardala para obter así o "número de solicitude". Logo necesitará acceder á sede electrónica da Xunta rexistrándose na Chave 365 (válido para calquera trámite que teña que facer coa Administración). Unha vez cuberto o formulario e adxunta a solicitude, o centro recibirá no seu correo electrónico un aviso desta presentación electrónica.
  • Vía presencial: Deberá cubrir a solicitude accedendo á aplicación fondo de libros e presentar na secretaría do centro o impreso da solicitude debidamente cumprimentado e asinado (Anexo I e Anexo II), no ordenador ou manualmente, acompañado da fotocopia do libro de familia e da documentación necesaria. Lembre que só se cubrirá unha solicitude por familia. 

         ATENCIÓN: nas solicitudes cómpre pór o código do centro que é 36015184.

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA:

1. Anexo I debidamente cuberto e asinado polo SOLICITANTE que é un PROXENITOR (NON O ALUMNO/A).

3. Anexo II cuberto e asinado por todos os membros da unidade familiar.

4. FOTOCOPIA dos DNI/NIE de todos os membros da unidade familiar.

5. Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables (incluso a 1ª folla).

6. A sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. (En caso de separación ou divorcio).

OUTRAS SITUACIÓNS FAMILIARES:   ver “DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA” na PÁX. 2 do Anexo I-continuación

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

Normativa: Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (código de procedemento ED330b) (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020)

 

Calendario cos días e horas de entrega das solicitudes no centro se optan pola vía presencial e non pola recomendada (telemática):

 

AVISO

DE CONFORMIDADE COAS MEDIDAS EXISIDAS POLA AUTORIDADE SANITARIA E PARA GARANTIR A SEGURIDADE DO ALUMNADO.

NON SE RECOLLERÁ DOCUMENTACION DE FONDO DE LIBROS OS DÍAS 8, 9, 10, 11 e 12 DE XUÑO

 

 

Convocatoria Extraordinaria 1º-3º ESA

Na seguinte táboa podedes ver a convocatoria extraordinaria de 1º e 3º curso da ESA (Educación Secundaria de Adultos):

1. ÁMBITO DE COMUNICACIÓN

Proba por videoconferencia ou correo electrónico

29 maio: 18:00 h.

2. ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO

Proba por videoconferencia ou correo electrónico

29 maio: 19:00 h.

3. ÁMBITO SOCIAL

Proba por videoconferencia ou correo electrónico

29 maio: 20:00 h.

Para máis especificacións, premede en cada ámbito: Comunicación, Científico-tecnolóxico e Social.

Calendario de recuperación de pendentes

Xa podedes consultar o calendario e o tipo de probas previstas por cada departamento para a recuperación de materias pendentes premendo no enlace:

I Certame de micropoemas

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Escolas Proval e do IES Terra de Turonio organizan o “I Certame de Micropoemas Beatriz da Serra”, destinado a todo o alumnado dos centros do Val Miñor de entre 9 e 20 anos. Outorgaranse dous premios por categoría: a) 4º, 5º e 6º de primaria; b) 1º, 2º e 3º da ESO e FPBásica; c) 4º da ESO, bacharelato e ciclos. Podedes consultar as bases neste enlace.

Animádevos, tedes até o 17 de maio para entregardes os vosos poemas a poesiaminhora@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut