Skip to Content

Secretaría

Solicitude Admisión Curso 2020/21

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2020/2021, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma.

Prazo de admisión11 de maio - 18 de maio 

Prazo para a presentación da documentación para a baremación: 11 de maio - 26 de maio 

Formas de presentar a solicitude: 

  • Na secretaria do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 h.
  • De xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado.

AVISO IMPORTANTE: Por motivos de seguridade sanitaria recomendamos a opción telemática; e, no caso de asistiren presencialmente, rogamos que respecten as distancias de seguridade e as medidas de hixiene necesarias.

Se necesitan solicitar información relacionada con este proceso de admisión ou se teñen calquera outra dúbida sobre a xestión do centro, poden chamarnos ao número 886 110 367.

Quen debe presentar a solicitude:

(Só para alumnado novo non adscrito, que non estea matriculado no IES Escolas Proval no actual curso)

  • Alumnado de Primaria que non tivese feito a reserva neste centro en febreiro.
  • Alumnado que queira facer o bacharelato nese centro tras ter cursado 4º ESO noutro.
  • Alumnado que estea estudando noutros centros e que queira realizar aquí o curso vindeiro.

Publicacion da listaxe privisonal: antes do 9 de xuño.

Reclamacións contra as listaxes provisionais: nun prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 

Publicación das listaxes defintivas: ata o 26 de xuño.

Formalización da matrícula ordinaria na ESO e bacharelato: do 1 ao 10 de xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro.

 

 

Aviso IES Escolas Proval

Instrucións para a realización da ABAU

Publicada a Resolución do 28 de abril de 2020, pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro de 2020 pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/20, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2020/21.

 

Instrucións definitivas para o 3º trimestre

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución na que se ditan as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do 2019-2020 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Modelos de exame ABAU 2020

A CIUG vén de publicar na súa páxina web os modelos de exame de cada materia para este curso acdémico 2019-2020. Prestade atención ás novidades e ás características da ABAU publicadas no BOE do 23 de abril.

Para maior información véxase tamén a Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021.

Distribuir contido


by Dr. Radut