Skip to Content

Secretaría

Xornada nocturna de reciclaxe

Entre as actividades que ten desenvolvido o noso equipo RRR (Recursos, Residuos, Responsabilidade) cómpre citar unha xornada nocturna de reciclaxe, en colaboraión co departamento de Bioloxía, con charlas e obradoiros diversos, destinados ao alumnado da ESA e ciclos de Electrónica e Administrativo.

Contamos coa asistencia de César Lema que deu unha charla sobre o "Uso de combustible reutilizado no automóbil"; o profesor de Electrónica, José Carlos García, xunto co seu alumnado, explicou "En que consisten as placas fotovoltaicas". Á súa vez, Eva Pérez presentou un obradoiro de cosmética con produtos das abellas. Tamén estivo Pablo Casal para presntar a súa curta Os uruguaios viñeron despois. Finalmente, esta secuencia de actividades rematou cunha representación teatral a cargo de "A Moura" de Chaín, que nos axudou a reflexionar con humor sobre a evolución do proceso de reciclaxe no rural galego.

 

 

 

 

Día de Rosalía no concello

No serán do venres 28 de febreiro celebramos o derradeiro acto en homenaxe a Rosalía de Castro. Cánticos e sentidas lecturas de amor, saudade, festa, rebeldía e denuncia repenicaron, como as campás de Bastabales, por todos os recunchos do Auditorio de Nigrán. O coro Ecos do Castelo de Parada interpretou cantigas tan populares como “No niño novo do vento”, “A lavandeira da noite” ou “O carro”, mentres que a coral Novos Aires de Nigrán musicou os poemas rosalianos “Vamos bebendo”, “De balde” e “Negra sombra”. Alumnado do noso instituto e do centro Juan María, profesor@s, concelleiras, alcalde... puxéronlle voz a composicións de Cantares gallegos e Follas Novas; con todo, as verdadeiras protagonistas do evento foron as nosas alumnas Helena, Carla, Tania e Dessiré xa que presentaron o evento, sen apenas tempo de ensaio, guiadas só pola experimentada man da mestra de cerimonias, Marisa Guerra, profesora de galego. Como peche desde espectáculo, promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Concellaría de Cultura de Nigrán, entoamos o famoso “Adiós ríos, adiós fontes”, pondo así fin a un acto de reivindicación da figura clave do Rexurdimento da cultura galega e que tanta pegada deixaría na historia da nosa literatura. Grazas a todxs os asistentes e ao equipo humano que fixo posible un acto tan emotivo para a veciñanza de Nigrán coma este! 

 

Homenaxe a Rosalía

Onte rendémoslle a nosa particular homenaxe a Rosalía de Castro cun emotivo recital poétio-musical nun espazo especialmente decorado para ocasión con motivos rosalianos diversos, como as rechamantes “flores poéticas” que o noso alumnado elaborou no obradoiro de pariroflexia organizado polo equipo da Biblioteca. Entre outros adobíos, escollemos libros, revistas, poemas enrolados, axendas, caderniños, chapas.... que se convertirían en agasallos para o alumnado participante na homenaxe. 

Nesta celebración os grupos de terceiro musicaron algúns dos seus poemas, rapazas de primeiro sorprendéronos cunhas ben afinadas regueifas e o resto do alumnado da ESO e 1º de bacharelato recitou e dramatizou un ramallo de composicións de amor, desamor, tradicións, costumes, angustias existenciais, saudades, reivindicación da figura feminina ou denuncia da emigración, da miseria e das inxustizas que adoito sufriu o noso pobo. Emoción, nervios, talento, diversión e esforzo recompensado con merecidos agasallos en forma de chapiñas, axendas, cadernos e demais motivos rosalianos. Pola tarde, continuaría o noso tributo a Rosalía de Castro no concello... Unha vez máis, orgullosxs dos nosxs poetas e do noso alumnado! 

 

Luis Vázquez

Na víspera da súa xubilación, e logo de máis de vinte anos como docente no Proval, este venres participamos dunha emotiva despedida ao profesor de Lingua e literatura castelá, Luis Vázquez. Entre aplausos inesperados, alumnxs de todos os niveis ovacionárono polos corredores e escaleiras do instituto. Sorrisos, bágoas, gratitude, respecto e cariño nun improvisado recoñecemento a un profesor de toda a vida! Un forte abrazo, Luis, de parte de toda a comunidade educativa e ánimo nesta nova singradura porque, como diría Saramago, “O objetivo de uma viagem é apenas o início de outra viagem”!

 

 

Carteis de Entroido

Velaquí os fermosos carteis gañadores do concurso de Entroido: 1º premio para Clara Rey (2º bacharelato B), 2º premio para Aarón Álvarez e Marco Casas (1º ESO A), e 3º premio para Pedro Pérez (1º ESO A). Parabéns pola vosa creatividade e noraboa aos demais participantes! Sen dúbida os nosos corredores quedarán máis alegres e estéticos coa vosa arte!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut