Skip to Content

Secretaría

Día de Rosalía

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía e temos previsto desenvolver no centro e fóra del varias actividades para homenaxear a gran poetisa das letras galegas. 

SEMANA DO 17 AO 21 NA BIBLIOTECA

Música e obradoiros: papiroflexia, preparación de agasallos poéticos, elaboración de materiais para ambientar os espazos, recitado de poema, e elaboración de marcapáxinas.

DÍA 28. CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA (mañán na Biblioteca e tarde no Auditorio)

Na Biblioteca (10:40-14:30 h):

  • Alborada musical interpretada polo alumnado de 3º ESO
  • Lectura de poemas
  • Entrega de agasallos poéticos
  • Sorteo de agasallos rosalianos entre o alumnado participante na lectura

No Auditorio de Nigrán (actividade organizada polo EDLG e a Concellería de Cultura):

  • Actuación de Tino Baz
  • Actuación da coral Novos Aires de Nigrán
  • Lectura de poemas
  • Presentación a cargo do noso alumnado

Candeloria

O mes de febreiro chega repleto de actividades e concursos no Proval. Comezamos coas tradicionais coplas de amor co gallo do Día da Candelaria...

Velaquí as finalistas, todas elas de 1º ESO B. 

  • 1º premio:  Jimena Villar (1º B)
  • 2º premio: Carla Salgueiro (1º B)
  • 3º premio: Tania Pereira (1º B)

 Parabéns ás gañadoras e a tod@s os participantes que encheron de cor e creatividade os nosos corredores!

Teatro en francés

Esta semana o alumnado de francés acudiu ao Centro cultural de Beade para presenciar unha adaptación teatral do “Quasimodo” de VÍctor Hugo a cargo da compañía BHM Producciones.

Día da Paz

Hoxe tamén o alumnado de Valores éticos de 1º ESO, coa axuda dos de 4º ESO, deixou a súa pegada artística nas paredes para lembrar o Día da Paz e o respecto polos Dereitos Humanos, co gallo do aniversario da morte do líder pacifista Mahatma Gandhi.

Día de Castelao

Hoxe vivimos unha xornada inzada de lembranzas, xa que cada 30 de xaneiro, alén do Día da Paz, celébrase o Día da Ilustración, coincidindo co Día de Castelao, por ser esta a data do seu nacemento. Con todo, no Proval homenaxeamos a súa figura, trascendental na historia e cultura galegas, durante todo este mes de xaneiro con charlas, exposicións, murais e audiovisuais, porque como el afirmaba...

“ningún idioma alleo, por ilustre que sexa, poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, 

as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego;

se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e graza do idioma” 

 

 DÍA DE CASTELAO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut