Normas ABAU xullo 2020

Enviado por iesproval o Ven, 2020-07-03 09:23

Nesta ABAU de xullo, a distribución do alumnado será a seguinte:

Pavillón Municipal de Baiona  420 IES Val Miñor
435 IES Auga da Laxe
Pavillón de Cova Terreña 447 IES Primeiro de Marzo
456 IES Escolas Proval

 

  • O alumnado debe estar ás 9 da mañá na entrada principal do pavillón que lles corresponda.
  • Pavillón de Cova Terreña: estarán abertos os dous accesos ao recinto do CPI. Se os estudantes acceden pola porta principal do centro (situada ao fondo do aparcamento do pavillón), deberán seguir as sinalizacións ata chegaren á entrada principal do pavillón. O punto de encontro (explanada situada na entrada do pavillón) estará debidamente sinalizado.

  • Conforme á normativa oficial (Resolución de 12/06/20), todo o alumnado debe usar máscara durante os accesos, realización das probas e descansos.

  • Durante a realización  das probas e accesos é clara a obrigatoriedade do uso da mesma, xa que se trata de espazos pechados de uso público. En canto aos descansos e acceso aos edificios, a normativa di que será obligatorio o uso de máscara “sempre que se transite ou se estea en movemento pola vía pública e en espazos ao aire libre e, pola concorrencia doutras persoas, non se poida garantir en todo momento o mantenemento da distancia de seguridade”. Por tanto, o alumnado deberá circular polas proximidades dos pavillóns e chegar aos puntos de encontro con máscara. 

  • O tipo de máscara que se debe empregar non deberá estar provista de válvula exhalatoria. Ademais, haberá máscaras no centro para posibles incidencias coas mesmas durante as probas.

 

( categories: )