Curso 2019/20

CALENDARIO FIN DE CURSO (19/20)

CALENDARIO FIN DE CURSO 2019/20

Non esquezas que para ACCEDER ao instituto hai que facelo con MÁSCARA e traer o teu PROPIO BOLÍGRAFO se precisas facer uso del para calquera trámite (matrícula). Ademais deberás respectar en todo momento as medidas de seguridade

A ENTREGA DOS LIBROS NO CENTRO FARASE O DÍA DA MATRÍCULA. 

 

DÍA ACTIVIDADE
XUÑO
19 DE XUÑO (VENRES) REMATE DAS CLASES
22 DE XUÑO (LUNS) AVALIACIÓNS
23 DE XUÑO (MARTES) 
  • AS NOTAS PODERÁN CONSULTARSE EN ABALAR MÓBIL A PARTIR DAS 10:00 H
  • A ENTREGA DE NOTAS NO CENTRO E RECOLLIDA DE SOBRES DE MATRÍCULA TERÁ LUGAR NO SALÓN DE ACTOS, NA SEGUINTE ORDE:
    1. ÁS 10:OOH. 1º DA ESO.
    2. ÁS 10:45H.  2º DA ESO.
    3. ÁS 11:30H.  3º DA ESO
    4. ÁS 12:15H.  4º DA ESO / 2º FP Básica 
    5. ÁS 12:45H.  1º DE BACH. 
  • PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS.
  • PETICIÓN DE CITA PREVIA PARA REVISIÓN DE EXAMES O DÍA 25 DE XUÑO
 25 DE XUÑO (XOVES)
  • PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS ATA AS 14:00 HORAS.
  • REVISIÓN DE ACTIVIDADES, TAREFAS OU TRABALLOS CO PROFESORADO. PREVIA CITA
26 DE XUÑO (VENRES) ÁS 12:00H.  ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS AO ALUMNADO RECTIFICANDO OU RATIFICANDO A CUALIFICACIÓN OUTORGADA. 
  XULLO 
1 DE XULLO  (MÉRCORES) MATRÍCULA DE 1º DA ESO
2 XULLO (XOVES) MATRÍCULA DE 2º DA ESO 
3 DE XULLO  (VENRES) MATRÍCULA DE 3º DA ESO
6 DE XULLO (LUNS) MATRÍCULA DE 4º DA ESO
7 DE XULLO (MARTES)  MATRÍCULA DE 1º E 2º DE BAC. 

 

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Na páxina web da Consellería publicase hoxe día 10 de xuño a Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

 

Convócanse dous períodos de PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2019-marzo 2020 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2020.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2020, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020.

 

Na Orde sinálanse, entre outros,  os seguintes aspectos: 

Artigo 2. Requisitos 

1. Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profe- sional, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual. 

2. O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP dual antes do 31 de decembro de 2020. 

 

Artigo 3. Documentación
O alumnado que reúna os requisitos para participar nesta convocatoria presentará a seguinte documentación: 

– Solicitude normalizada segundo o anexo I desta orde. 

– Declaración do enderezo de residencia durante o período de realización da FCT ou de FP dual, segundo o anexo II desta orde. 

 

Artigo 5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes 

3. As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, serán facilitados ao alumnado polo centro educativo no que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP dual. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos. 

4. As solicitudes xunto co resto dos anexos só se poderán presentar no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou a FP dual. 

 

Podedes acceder ao resto da Orde do 2 de xuño de 2020 no seguinte enlace:

 Así mesmo podedes contactar co departamento de orientación para resolver as dúbidas que teñades. 

Convocadas prazas de residencia para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

Na páxina web da Consellería publicase a Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21.

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN de solicitudes en período ordinario será:

  • Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020 (este incluído).
  • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020 (este incluído).

 

Na Orde sinálanse, entre outros,  os seguintes aspectos: 

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación 

1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento (código ED306A) para adxudicar as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, ao alumnado que no curso académico 2020/21 inicie ou continúe estudos posobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo. 

2. No caso de centros docentes privados concertados deberá tratarse de ensinanzas e niveis incluídos no ámbito do concerto educativo.

 

Artigo 7. Requisitos académicos e persoais 

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos: 

1. Estar matriculada en estudos posobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes no curso 2020/21. 

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos. 

Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a Comisión de valoración po- derá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa. 

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudi- ciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de conviven- cia e participación da comunidade educativa e no capítulo II do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, que a desenvolve. 

 

Artigo 8. Lugar de residencia da unidade familiar e accesibilidade aos estudos
1. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que: 

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza. 

b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade. 

2. Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos. 

 

Podedes acceder a Orde do 29 de maio do 2020 e os Anexos nos seguintes enlaces: 

 Así mesmo podedes contactar co departamento de orientación para resolver as dúbidas que teñades. 

Devolución de libros en préstamo

PROTOCOLO ABAU 2020 EN GALICIA: NORMAS PARA AS COMISIÓNS DELEGADAS POR MOR DA COVID-19

Nas Normas para as comisións delegadas por mor da covid-19 (ABAU 2020) sinálanse, entre outros, os seguintes aspectos: 

 

3. MEDIDAS INFORMATIVAS XERAIS

3.2. A CiUG insistirá na obriga do uso de máscara para todo o alumnado, mentres estean nas filas de acceso e dentro da aula, e recomendará o uso de xel hidroalcohólico individual. 

 

4. NORMAS DE ACCESO AO CENTRO

4.1. Só poderán acceder ao centro onde se celebra a proba: persoal directivo, docente e administrativo (autorizado), membros da comisión delegada (presidente/a, secretario/a, vogais, PAS), membros da CiUG, alumnado, docentes representantes dos centros de secundaria e acompañantes de estudantes que precisen asistencia.

4.2. Os membros da comisión delegada, seguindo instrucións do presidente/a, encargaranse de que as entradas e saídas do centro e da aula sexan ordenadas, cos alumnos/as en fila, usando máscara e mantendo a distancia interpersoal de dous metros, sempre que sexa posible.

4.5. Prégase especial atención na hora de presentación do primeiro día. Os alumnos/as deberán estar presentes ás 9.00 horas dese martes 7 de xullo e acudir despois puntualmente aos exames. Aqueles que só se presenten á parte voluntaria, sempre que non teñan erros na matrícula, poderán acudir directamente aos exames correspondentes. 

4.6. Os alumnos/as que detecten erros na matrícula ABAU deberán comunicalo ao presidente/a da comisión delegada no momento da presentación, mediante solicitude no formulario que se lle facilitará. Despois do acto de presentación non se permitirán cambios de materias. Se un alumno/a se examina dunha materia distinta das que figuran na súa matrícula, o exame correspondente quedará anulado.

 

5. NORMAS DE ACCESO Á AULA

5.1. Dentro do centro os alumnos/as accederán á aula polas escaleiras, deixando os ascensores só para persoas que realmente os precisen e os seus acompañantes, se fose o caso.

5.2. No momento da presentación, os vogais da comisión delegada, coa colaboración dos representantes de centros de secundaria, colocarán os alumnos/as formando unha fila na que deben respectar a distancia interpersoal e ter posta a máscara.

5.4. Os alumnos/as recibirán un xogo de etiquetas adhesivas con código de barras, garantes da súa identificación e anonimato, polo que deben levalas sempre consigo en bo estado. En caso de perda ou deterioro, deben comunicalo á comisión delegada, que as substituirá por unhas etiquetas de incidencias (en ningún caso deberán entregar un exame sen as novas etiquetas).

5.5. Cada alumno/a deberá levar consigo: etiquetas, DNI ou outro documento identificativo (pasaporte, permiso de residencia, etc.), resgardo de matrícula e xustificante de pagamento, bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra e máscara.

5.6. Cada alumno/a poderá levar consigo: xel hidroalcohólico (recomendable), panos de usar e tirar e bebida (auga ou refresco en botella transparente sen etiquetado).

5.7. O alumno/a pode acudir aos exames cos seguintes materiais específicos:

  • Dicionario latín-español/galego para o exame de Latín II, con apéndice gramatical, pero non con páxinas de contidos literarios, que, no seu caso, deberán ser extraídas ou grampadas.
  • Dicionario de grego-español/galego para o exame de Grego II, con apéndice gramatical.
  • Material de debuxo e pintura para os exames de Debuxo Técnico II e Deseño.
  • Calculadora, non programable e sen capacidade gráfica, para os exames de Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, Física, Química e Economía de empresa. Os membros da comisión delegada poden comprobar se a calculadora cumpre os requisitos; de non ser así, seralle retirada ao alumno/a e non poderá substituíla por outra. 

5.8. O alumno/a non pode acceder á aula con teléfono móbil, reloxo dixital (smarwatch) ou calquera outro dispositivo electrónico activados. De darse o caso, sería motivo de medida disciplinaria (expulsión da aula e cualificación do exame con 0 puntos).

5.9. O alumno/a pode introducir na aula unha mochila, carteira ou bolsa de deporte, con todas as súas pertenzas, incluídas comida e bebida, sempre que cumpra o que se indica nas normas específicas de prevención.

 

6. NORMAS DE DISTRIBUCIÓN E PERMANENCIA NA AULA

6.4. Colocado por un vogal no seu asento correspondente, o alumno/a deberá manter despexadas as orellas para comprobación, sen molestias, de que non leva dispositivos non autorizados.

6.6. Se transcorridos os 30 minutos, un alumno/a desexa abandonar a aula sen realizar o exame, deberá entregar a un vogal o caderno de exame en branco pero debidamente etiquetado.

6.8. Nos lugares onde se celebre a proba haberá reloxos ben visibles para o control do tempo de exame. Se non os houbese, un vogal informará periodicamente do tempo que falta para o remate da proba.

6.10. En cada materia entregaráselle ao alumno/a un caderno de exame con: dúas follas A3 (portada), unha cabeceira adhesiva e sete páxinas A4 en branco. O alumno/a deberá escribir nas sete páxinas A4; non poderá nin engadir nin arrincar páxinas do caderno de exame. 

6.11. Cada exame consta dun número de preguntas, todas susceptibles de ser elixidas, das que deberá responder o número máximo que se indica. Na portada do caderno de exame o alumno/a deberá especificar con claridade cales son as preguntas que vai contestar. Se responde máis preguntas das permitidas, só serán corrixidas as primeiras respondidas ata o número máximo permitido, tal e como se indica nos exames. 

6.12. Se un membro da comisión delegada detecta a un alumno/a copiando ou non respectando estas instrucións, despois da súa identificación, poderá ser obxecto de medida disciplinaria (expulsión da aula, cualificación do exame con 0 puntos e posible anulación total da proba). 

6.13. A recollida dos exames farase evitando aglomeracións e mantendo sempre a distancia interpersoal de seguridade. O alumno/a entregaralle o exame a un vogal, quen comprobará se cumpre todos os requisitos e colocará o caderno xunto cos do mesmo centro de secundaria. Rematada a recollida dos cadernos na aula, os vogais levarán os exames á sede da comisión para seren etiquetados e metidos en sobres polo persoal administrativo colaborador. 

6.14. Ao final de cada exame, o alumnado deberá saír da aula de forma espaciada e mantendo en todo momento a distancia persoal de seguridade. É necesario advertir ao alumnado de que fóra da aula non poderá permanecer nos corredores e que deberá abandonar o centro. 

6.15. Entre exame e exame, un membro da comisión delegada designado polo presidente/a encargarase de comprobar de que nas inmediacións do centro, sobre todo na contorna de entradas e saídas, se respectan as recomendacións. En todo caso, debe evitarse a formación de grupos numerosos nestes lugares. 

 

7. NORMAS ESPECÍFICAS DE PREVENCIÓN 

7.8. O uso de máscara é responsabilidade individual de todos os que accedan ao centro onde se celebre a proba. A máscara é obrigatoria xa que non sempre será posible garantir o mantemento da distancia interpersoal de dous metros. Nas sedes das comisións delegadas e nas aulas haberá máscaras de substitución para quen as precise. Os presidentes/as ou secretarios/as terán que estar atentos a súa reposición, se fose necesaria. A máscara deberá ser usada debidamente, cubrindo boca e nariz. Se alguén non a leva de xeito correcto, será advertido polos membros da comisión delegada. Advírtese que as pantallas non están autorizadas, xa que non cumpren a función das máscaras. 

7.9. Recoméndase informar de forma reiterada sobre a conveniencia da desinfección frecuente das mans con xel hidroalcohólico, durante polo menos 40 segundos. Os presidentes/as ou secretarios/as terán que estar atentos a súa reposición nas aulas e aseos. Tamén se informará da conveniencia de non tocar coas mans ollos, nariz e boca. 

7.10. Non se recomenda o uso xeral de luvas, con todo, se os vogais as solicitan poranse á súa disposición para a recepción e entrega de exames. 

7.11. En cada aula haberá bolígrafos de substitución para que, se un alumno/a se queda sen bolígrafo por esgotamento ou deterioro, non pida outro a un compañeiro senón a un dos vogais da comisión delegada. Este será o encargado de entregarlle un bolígrafo desinfectado. 

7.12. O alumno/a pode ter na aula unha mochila, carteira ou bolsa de deporte, na que meterá todas as súas pertenzas, incluídas comida e bebida. A diferenza de cursos anteriores, non a deixará xunto coas dos compañeiros, senón que a levará en todo momento consigo, facéndose responsable da mesma e do seu uso correcto. Durante os exames deberá deberá deposítala ao seu carón, á vista dos vogais da comisión delegada. 

7.16. Sobre dispoñibilidade de espazos para descanso e comida, recomendaráselles aos alumnos/as zonas ao aire libre do campus, evitando a formación de grupos numerosos e respectando sempre a distancia interpersoal de seguridade. En cada comisión delegada haberá botellas de auga (xentileza dunha empresa de distribución alimentaria), que os alumnos/as poderán solicitar, preferentemente antes de cada exame ou para o seu descanso e comida. 

 

Podedes acceder e DESCARGAR AS NORMAS completas, que deberiades ler e ter presentes, no curso de ORIENTACIÓN na aula virtual.

 

FONTE: CIUG

Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2019/2020

A entrega de notas será o día 9 de xuño ás 10:30, unha vez realizada, o alumnado que así o estime oportuno, poderá solicitar a REVISIÓN dos seus traballos, exames, actividades…. para elo poñerase en contacto co profesor/a da materia obxecto de revisión directamente, ben a través da mensaxería da aula virtual ou ben dos medios telemáticos que empregue normalmente para comunicarse con dito profesor/a. Unha vez realizada a explicación correspondente, se o/a alumno/a quixese revisalos no centro educativo concertarían  hora para a mesma o día 10 pola maña.

 

Nesta mesma liña cabe sinalar que con data do 3 xuño do 2020 publicase na web da Consellería de Educación a Circular 2/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2019/2020.

 

 Algunha das instrucións que se recollen nesta circular:

  • RECLAMACIÓNS ANTE O CENTRO

a) Lugar e prazo de presentación 

As reclamacións contra as cualificacións finais obtidas nas materias de segundo curso de bacharelato presentaranse por escrito, no centro no que se cursaran, dirixidas á dirección do centro, nos seguintes prazos: 

  • Convocatoria ordinaria: 10 e 11 de xuño de 2020 (ata as 14.00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 3 e 4 de setembro de 2020 (ata as 14.00 horas). 

No suposto de que algunha destas datas fose inhábil, o prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte. 

A dirección do centro someterá as reclamacións á consideración do departamento correspondente, que emitirá unha resolución motivada. 

 

b) Resolución do departamento 

1. A resolución do departamento deberá estar motivada. O departamento analizará as actuacións seguidas no proceso de avaliación, con especial referencia á adecuación dos obxectivos, contidos, criterios de avaliación e cualificación, estándares de aprendizaxe avaliables, e procedementos e instrumentos de avaliación aplicados cos recollidos na programación didáctica e na súa adaptación, así como a correcta aplicación dos criterios de avaliación e cualificación establecidos. Para iso, a resolución do departamento terá́ en conta: 

Na convocatoria ordinaria: 

  • O informe documentado e motivado do profesor ou profesora da materia. 
  • As avaliacións realizadas ao alumnado.
  • Os exames e traballos realizados durante o curso.
  • A programación didáctica. 
  • A adaptación da programación didáctica, de acordo co establecido no punto 6 das directrices xerais das citadas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. 

 

Na convocatoria extraordinaria: 

  • O informe documentado e motivado do profesor ou profesora da materia.
  • A correspondente proba. 
  • A programación didáctica.
  • A adaptación da programación didáctica 

 

2. Na resolución indicarase que contra ela o alumnado ou os seus representantes legais poden solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á comisión de supervisión, sinalando o prazo e o lugar de presentación desa solicitude. 

 

  • RECLAMACIÓNS ANTE A COMISIÓN DE SUPERVISIÓN  

a) Lugar e prazo de presentación das reclamacións 

No prazo de 24 horas, contadas desde a notificación da resolución o alumno ou a alumna, ou os seus representantes legais, poden solicitar por escrito no centro no que presentou a súa reclamación que a dirección remita o expediente de reclamación á comisión de supervisión. 

 

b) Comunicación á comisión de supervisión 

A dirección do centro comunicará á comisión de supervisión a relación de alumnado que presentou reclamación no centro para elevar ante a dita comisión, con indicación da materia ou materias obxecto de reclamación. 

  • Convocatoria ordinaria: antes das 18.00 horas do 16 de xuño de 2020. 
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do 7 de setembro de 2020. 

 

d) Remisión do expediente 

Debido á urxencia da recepción dos expedientes, que deberán ser analizados pola comisión de supervisión co tempo suficiente para poder emitir unha resolución antes da matrícula na ABAU, é preciso que a dirección do centro garanta o procedemento oportuno para que os expedientes de reclamación sexan recibidos en tempo e forma pola comisión de supervisión. 

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do 18 de xuño de 2020. 
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do 8 de setembro de 2020. 

 

e) Resolución da comisión de supervisión 

4. A comisión de supervisión á vista da documentación que conste no expediente e dos informes emitidos pola subcomisión técnica, e de ser o caso dos informes emitidos pola inspección educativa sobre as adaptacións das programacións didácticas, resolverá no prazo máis breve posible e, en todo caso, antes do inicio da ABAU. 

 

f) Notificación da resolución da comisión de supervisión 

1. O acordo adoptado pola comisión de supervisión terá efectos plenos e deberá ser notificado ao/á interesado/a a través da dirección do centro e, no caso de que supoña que o alumnado poida realizar a ABAU, á Comisión Interuniversitaria de Galicia. 

2. Contra a resolución da comisión de supervisión, que esgota a vía administrativa, o interesado ou a interesada, ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

g) Efectos 

No caso de que a resolución da comisión de supervisión rectifique a cualificación reclamada, a dirección do centro ordenará formalmente dita rectificación e estenderase a oportuna dilixencia na acta de avaliación e no expediente do interesado ou da interesada, facéndose constar a data da resolución da comisión de supervisión. 

 

Podedes acceder ao texto completo da Circular 2/2020 no seguinte enlace: 

 

No taboleiro do instituto hai un resumo concretando días e horas da fin do curso para este alumnado de 2 de bacharelato. 

Por último sinalar que AS CLASES para a preparación das ABAU retomaranse o mércores 10 de xuño

 

 

Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior, podedes consultalas no seguinte cadro: 

As probas de acceso aos ciclos de grao medio (artigo 2) terán lugar o día 10 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido:

  • Ás 9.00 horas: presentación.
  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior (artigo 3) terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido:

  • Ás 9.00 horas: presentación.
  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).
  • Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria).

As medidas de prevención que se establecen no artigo 4 son as seguintes: 

Durante a realización das probas respectaranse todas as medidas de prevención e hixiene recollidas no protocolo do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a realización da avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2020, así como o establecido na Resolución, do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da consellería ou calquera outra medida establecida para os centros educativos.

Podedes acceder a máis información nas seguintes ligazóns:

  
 
 

VOLTA Á ACTIVIDADE PRESENCIAL VOLUNTARIA DE 2º DE BAC.

Tras ser publicadas pola Consellería as instrucións precisas para a volta ao centro o grupo de 2º de Bacharelato e a reanudación da actividade presencial, informamos ao alumnado das pautas que deben seguir no centro. Por outra banda, lembrar que non hai transporte escolar.

As clases comezarán xa o luns, día 25, ás 8:30. O horario será o habitual.

As devanditas PAUTAS recollidas no protocolo que tedes dispoñibles nesta publicación para descargar e imprimir son as seguintes:

  • O alumnado que teña os síntomas da COVID 19 ou febre, absterase de vir ao centro. Se os sentise unha vez estado no centro, avisará inmediatamente ao profesorado ou ao Equipo directivo.
  • A entrada e a saída no centro e nas aulas ha ser en fila de un en un e gardando a distancia de dous metros.
  • Á entrada no centro entregarase cada día unha máscara a cada alumno/a. A máscara é obrigado tela posta en todos os movementos que se fagan polo centro. Só se poderá non tela posta durante as clases, sempre e cando esteamos sentados no noso pupitre como mínimo a dous metros dos/as compañeiros/as.
  • Unha vez que se saia do centro non se poderá volver a acceder ata o día seguinte, a non ser ao finalizar o recreo.
  • O alumnado ocupará sempre o mesmo sitio dentro da aula.
  • Extremarase a orde do alumnado tanto nas clases, cada un/unha sempre na súa e mesma cadeira, coma no material ben recollido riba da mesa. Ningún libro nin material poderá quedar no centro dun día para outro.
  • Hixiene de mans nas entradas a calquera estancia do centro ou cambio de aula. A tal efecto, en todas as estancias que estea permitido entrar hai xunto á porta un dispensador de hidro alcohol desinfectante para as mans.
  • Cando usemos os aseos, lavaremos as mans con xabón ao menos durante 40 segundos.
  • Cada alumno/a procederá á desinfección do seu pupitre e cadeira e resto de material empregado ao marchar ou cambiar de aula, sempre.
  • Non se pode compartir material de uso propio con ningún/ha dos compañeiros/as.
  • O alumnado debe permanecer nos seus sitios durante o cambio de clase, salvo que vaia tamén cambiar de aula. Poderá erguerse e estirarse, pero non abandonar o seu sitio.
  • Se tivese que saír ao encerado para facer algún exercicio ou manipular algún dos elementos comúns da aula, procederá a lavarse as mans co xel hidro alcólico, ao inicio e ao rematar e tanto profesorado como alumnado respectarán a distancia de seguridade
  • Durante o recreo procederase como durante o curso, poderase saír ao patio, ir á biblioteca ou saír do recinto. Segundo reza nas Normas de Organización e Funcionamento do Centro “ Os alumnos/as de Bacharelato poderán abandonar o centro nos recreos se son maiores de idade ou contan coa correspondente autorización paterna.” Sempre coa máscara e hixienizando as mans á saída e á entrada.
  • Non se pode permanecer nos corredores. O desprazamento polo centro reducirase ao mínimo.

 Nas seguintes ligazóns poden acceder ao protocolo do centro e ás instrucións publicadas pola Consellería.


 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Os principais puntos a ter en conta son os seguintes: 

  • Asignación de libros e contía das axudas (artigo 2)

Efectuarase por orde inversa á renda per cápita, e con preferencia para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

En todo caso a orde garante que:

a) O alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € recibirá seis libros de texto.

b) O alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 € recibirá catro  libros de texto.

c) O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % recibirá seis  libros con independencia da renda.

 

Alumnado con necesidades específicas de apoio que non usa os libros de texto do curso no que está matriculado. Previo informe do centro poderá recibir un vale de 240 € (renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € ou alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %) ou 160 € (renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €).

  • Obriga das persoas beneficiarias (artigo 5)

Conservar e devolver os libros de texto e o material reutilizable recibidos o curso anterior. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21.

  • Presentación de solicitudes (artigo 10)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poden presentarse nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A solicitude deberá estar asinada pola nai, pai, titor/a ou representante legal do alumnado.

  • Prazos  

O prazo para presentar solicitudes é do 20 de maio ao  19 de xuño de 2020 (art. 11)

O prazo máximo para devolver os libros do presente curso (2019/20)  será o 7 de xullo 2020, agás para o alumnado que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2020. (art. 16)

O centro entregará os libros para o próximo curso 2020/21  a partir do 16 de setembro de 2020 e, en todo caso, antes do 25 de setembro. (art. 22)

 

O fondo solidario de libros de texto está integrado polos libros adquiridos coas axudas do curso anterior e polos libros voluntariamente cedidos polo alumnado.

A doazón dos libros de texto que xa non precises é beneficiosa para os alumnos e alumnas que si os necesitan. 

 

Se non é posible entregar as SOLICITUDES POR VÍA TELEMÁTICA poderedes ACUDIR AO INSTITUTO para recoller e entregar a SOLICITUDE, non obstante non esquezas:

  • Horario do centro de 9:30 a 13:30
  • Acceder ao instituto con mascarilla e traer o teu propio bolígrafo. 

 

Máis INFORMACIÓN nos seguintes enlaces: 

Distribuir contido