Curso 2019/20

Día das Letras Galegas 2020

Nunca se deixou de celebrar no IES do Camiño de Palas de Rei o día das Letras.  

Instrucións para a xestión dos reintegros de bolsas e axudas ao estudo correspondentes ao curso 2019/20

A Dirección Xeral de planificación e xestión educativa publica as instrucións para a xestión dos reintegros de bolsas e axudas ao estudo como consecuencia da suspensión das actividades docentes e lectivas presenciais.

Adaptacións das programacións

Para dar cumprimento ás Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, publícase este documento de ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS para este devandito terceiro trimestre.

DEPARTAMENTO DIDÁCTICO PROGRAMACIÓNS  ADAPTADAS 
ARTES PLÁSTICAS   Programación 
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA   Programación 
ECONOMÍA  Programación 
EDUCACIÓN FÍSICA  Programación 
ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA Programación
FILOSOFÍA  Programación
FÍSICA E QUÍMICA  Programación 
FRANCÉS   Programación 
INGLÉS   Programación
LATÍN, CULTURA CLÁSICA E GREGO   Programación
LINGUA CASTELÁ  Programación 
LINGUA GALEGA   Programación 
LITERATURA UNIVERSAL Programación
MATEMÁTICAS   Programación
MÚSICA Programación
RELIXIÓN   Programación
TECNOLOXÍA   Programación 
XEOGRAFÍA E HISTORIA   Programación 

Avaliación 2º de BACH e información ABAU 2020

A avaliación do alumnado de 2º de Bacharelato será o día 8 de xuño e a entrega de notas o día 9 ás 10:30, ben a través da entrega dos boletíns de notas ou ben a través do servizo Abalar no que poderán consultar as súas cualificacións.

Así mesmo na aula virtual, no apartado de orientación, o alumando de 2º de Bach. ten á súa disposición o calendario das ABAU 2020 e o horario da convocatoria ordinaria de xullo, modificado como consecuencia da situación excepcional provocada polo COVID -19.  

Letras galegas 2020

Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso de Héctor Cajaraville

Como xa sabemos que moitos de vós vos fixestes usuarios do GaliciaLe, agora podedes descargar tamén o último sobre Carballo Calero. Velaquí o enlace a un libriño moi fácil de ler sobre o autor homenaxeado nas Letras 

Preguntas e respostas en relación co desenvolvemento do terceiro trimestre nas ensinanzas de FP

En aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicouse na páxina de Formación Profesional a seguinte lexislación:

  1. Flexibilizar a realización da FCT.
  2. Establecer o procedemento de avaliación da FCT e Proxecto.
  3. Organizar a da FP dual

Así mesmo na páxina de FP ponse á disposición da comunidade educativa un conxunto de preguntas e respostas coa finalidade a aclarar as dúbidas que puidesen xurdir. Trátase dun documento aberto, que incorporará novas cuestións, de xurdiren novas dúbidas que requiran ser aclaradas.

Podedes acceder a este documento de preguntas e respostas no apartado de orientación na aula virtual ou ben na páxina de FP. 

Ademais a titora porase en contacto co alumnado e as familias implicadas a partir do luns 11 de maio. 

Instrucións da Consellería de Educación para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 19/20

O 27 de abril a Consellería de Educación publicou unhas instrucións a seguir para o 3º trimestre deste curso 2019/20. Os centros e o profesorado teñen que adaptar as programacións e flexibilizar as aprendizaxes e os criterios de avaliación, promoción e titulación. Para a semana poñeranse na páxina web do centro e noutros medios as concrecións das adaptacións coas flexibilizacións devanditas. As liñas fundamentais son estas:

 

1.     Flexibilización dos criterios de avaliación, promoción e titulación. A criterio do equipo docente poderase pasar de curso ou titular, tanto na ESO coma no Bacharelato, con algunha materia suspensa.

2.     A repetición de curso será excepcional. A decisión tomaraa o equipo docente de xeito colexiado e argumentada. O alumnado terá que matricularse das suspensas no seguinte curso se promocionase con algunha/as.

3.     A nota deste curso estará baseada nas dúas primeiras avaliacións. As actividades feitas na 3ª poderán redondear a nota, pero sempre á alza, nunca baixala.

4.     As aprendizaxes céntranse no repaso, recuperación e reforzo, sobre todo para quen teña algunha das avaliacións anteriores suspensa, que deberá recuperar segundo a programación de cada departamento. Poden ampliarse as aprendizaxes imprescindibles para asentar os contidos da 1ª e 2ª avaliación, pero non para seren avaliadas negativamente.

5.     Quen teña materias pendentes do curso pasado, ten que estar atento e en contacto co profesorado correspondente.

 

Máis información no seguinte enlace ás: 

 

Restablecemento do procedemento de admisión

Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma.

 

PROCEDEMENTO ORDINARIO DE ADMISIÓN:  

  • Acceso por primeira vez a un centro: o procedemento de admisión  aplicarase ás alumnas e aos alumnos que accedan por primeira vez aos centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Nos centros públicos que ofrezan varias etapas educativas o procedemento inicial de admisión realizarase ao comezo da que corresponda á de menor idade.
  • A variación de curso, ciclo ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro, sen prexuízo do establecido para os centros docentes adscritos.

PRAZO: do 11 ao 18 maio, ámbolos dous incluídos. 

 

Así mesmo establécense novos PRAZOS neste PROCEDEMENTO, que son os seguintes: 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

HORARIO DO CENTRO: de 9:30 ás 13:30 horas.

Máis información nos seguintes enlaces:

 

 

Día 1 de maio: Día do Traballador e da Traballadora

Hoxe 1 de maio é o Día do Traballador e da Traballadora. Celébrase este día porque é a conmemoración do movemento obreiro mundial. É unha xornada que se utilizou habitualmente para realizar diferentes reivindicacións sociais e laborais a favor das clases traballadoras por parte, fundamentalmente, dos movementos anarquistas e comunistas, entre outros.

Desde o seu establecemento na maioría de países por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe aos Mártires de Chicago. Estes sindicalistas anarquistas foron executados en Estados Unidos por participar nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas, que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket. A partir de entón converteuse nunha xornada reivindicativa dos dereitos dos traballadores e traballadoras. 

Este ano Rocío, do Centro Pedagóxico Aloumiño de Palas de Rei,  propúxonos participar nun proxecto enriquecedor  e interdisciplinar, no que se puxeran en valor as diferentes profesións que hoxe máis que nunca non poden parar de traballar, así profesións que ata o momento non se lles daba o valor e a relevancia que teñen na nosa sociedade, coa situación que estamos a vivir, ponse de manifesto que son tan relevantes e fundamentais como o resto.

 Ademais esta idea que nace e é promovida por unha veciña de Palas de Rei que aposta por traballar e vivir no rural,  consegue aunar nun vídeo sentimentos, emocións, ilusións, traballo …da xente da comarca da Ulloa. É fundamental defender o noso, o noso país e poñelo en valor a través de iniciativas coma esta.

 Grazas Rocío por facer ao instituto partícipe desta iniciativa que, nestes momentos, é esencial para dar alento e esperanza a xente que tan necesitada está pola situación tan extraordinaria que estamos a vivir.  

 E para rematar que mellores verbas que as de Celso Emilio Ferreiro:

Monólogo do Vello Traballador 

Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.

 

Celso Emilio Ferreiro (1978) Longa noite de pedra en Obra completa, 

 

 

Distribuir contido