Curso 2019/20

Normas realización exames, entrega de notas, libros e matrícula

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO, RECOLLIDA DE NOTAS, ENTREGA DE LIBROS E MATRÍCULA

  • Non poderá acceder ao centro ningunha persoa que presente síntomas compatibles con COVID-19, estea en corentena ou en illamento por ser positivo de COVID. 
  • O alumnado entrará pola porta porta de entrada ata agora e sairá pola porta lateral que dá ao patio.
  • Toda persoa que acceda ao centro deberá usar obrigatoriamente a máscara e gardar a distancia de seguridade.
  • As probas por norma xeral levaranse a cabo no salón de actos. Se algunha proba se realizase noutra aula, o alumnado será informado á entrada do mesmo e só poderá dirixirse a esa aula e ao servizo se fose necesario. 
  • Unha vez entre na aula o alumnado sentará na mesa e esperará indicacións do profesorado.
  • O alumnado terá que traer ao centro todo o material necesario para a realización das probas.
  • En caso de ter que entregar material ao profesorado para a súa valoración, será entregado na hora indicada para a realización da proba da materia correspondente. Non se poderán deixar traballos na conserxería do centro.
  • Unha vez rematada a proba o alumno/a procederá a desinfectar o seu posto co material que haberá na aula para tal efecto e abandonará o centro pola devandita porta lateral que dá ao patio.
  • No caso de ter que realizar outra proba, o alumnado agardará fóra do recinto ata a hora da seguinte convocatoria.
  • Non se permitirán estancias nos corredores e dentro da aula deberán permanecer nos seus postos e manter a distancia de seguridade
  • No salón de actos e na aula que for, permanecerán as ventás abertas o maior tempo posible.
  • As notas tamén serán entregadas no salón de actos xunto co sobre de matrícula, o día 7, ao tempo que o alumnado entrega os libros.

HORARIO DE ENTREGA DE NOTAS - DÍA 7 DE SETEMBRO

  • 10:30 horas: 1º e 2º de ESO.
  • 11:15 horas: 3º, 4º ESO e 1º de BAC. 

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA 

  • 8 de setembro (9:00 a 14:00 horas): 4º da ESO, 1º e 2º de BAC. 
  • 9 de setembro (9:00 a 14:00 horas): 1º, 2º e 3º de ESO.  

 LEMBRAMOS

A ENTREGA DOS LIBROS NO CENTRO FARASE COA ENTREGA DAS NOTAS.

O ACCESO AO CENTRO SERÁ SEMPRE RESPECTANDO AS MEDIDAS DE HIXIENE, A DISTANCIA REQUERIDA E COA MÁSCARA DEBIDAMENTE COLOCADA.

 

CALENDARIO SETEMBRO 2020

Podedes consultar o calendario de exames de setembro, ademais da entrega de notas e o período de reclamacións.

Por último tedes as datas nas que está aberto o período de matricula extraordinaria

Tede en conta que en calquera momento pode cambiar e variar calquera destes datos debido a situacion que estamos vivindo por mor da Covid-19 

  • CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 

  • ENTREGA DE NOTAS  (7 de setembro):
    • 10:30 horas: 1 e 2 de ESO.
    • 11:15 horas: 3, 4 de ESO e 1 de BAC.
  • PERíODO DE RECLAMACIÓNS (ESO - 1 de BAC)
    • Ata as 14:00 horas do día 9 de setembro na Secretaría do Centro.
  • MATRICULA EXTRAORDINARIA
    • 8 de setembro 1, 2 e 3 de ESO (de 9:00 a 14:00 horas)
    • 9 de Setembro 4 de ESO, FPB e 1 e 2 de BAC. (de 9:00 a 14:00 horas)

 

 

Parabéns ao alumnado de 2º Bacharelato

Hoxe, 24 de xullo do 2020, sae publicado un artigo na Voz de Galicia cos mellores 50 resultados de selectividade en Galicia e podemos comprobar que o noso centro, o IES do Camiño, ocupa o noveno lugar en toda Galicia, o terceiro dos centros públicos e o primeiro de Lugo e provincia cunha media superior a 7, así que non nos queda outra que sentirnos moi orgullosos e orgullosas dos nosas alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato, por eses boísimos resultados!!!

Parabéns!!! 

 

Admisión FP 2020: 1ª adxudicación ordinaria

Hoxe saen publicada a listaxe de persoas admitidas na 1ª adxudicación ordinaria, podes consultala nos seguintes enlaces:

 Non vos esquezades que o prazo para matricularse é dende hoxe mércores 21 ao 27 de xullo ás 13:horas.

 Listaxes de espera:

 Máis información na web de FP

 

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria 2020

Saen publicadas as listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

PRAZO DE RECLAMACIÓN contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 15 de xullo de 2020.

A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude de admisión. 

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión.

As listaxes provisionais do réxime ordinario e de adultos (modalidade presencial e modalidade a distancia) o podedes consultar na seguinte páxina: 

 

Fonte: edu.xunta.es/fp

 

Convocatoria prazas de aloxamento da USC curso 2020/21

Aberto o prazo para solicitar prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2020/21. 

SOLICITUDE

A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias.html 2.

PRAZO DE PRESENTACIÓN 

O prazo de solicitude permanecerá aberto dende o 29 de xuño ata as 14.00 horas do 28 de xullo de 2020. Presentarase unha única solicitude por persoa e campus. No caso de estar interesado/a en solicitar praza tanto polo grupo I como polo II, deberá marcar ambos no mesmo impreso.

ESTUDANTES DE NOVA ADMISIÓN

Considéranse estudantes de nova admisión:

  • O estudantado de grao, primeiro e segundo ciclo, másteres universitarios oficiais e títulos propios, que se matriculen nun centro da USC durante o curso 2020-2021.
  • As persoas, que reunindo os requisitos de acceso, se matriculen nun programa de doutoramento, a tempo completo, durante o curso 2020-2021 e os/as investigadores/as en formación recollidos no artigo 31 dos Estatutos da Universidade.
  • O estudantado que en cursos anteriores obtivera aloxamento no SUR polo Grupo II e solicite cambiar ao Grupo I.
  • Os/as estudantes de intercambio Sicue doutras universidades. Este colectivo só poderán facer a solicitude para o Grupo I

Podes consultar a convocatoria no seguintes enlace:

Solicitudes de nova admisión:

Se tes dúbidas podes consultar co Dpto. de Orientación. 

Seguridade, igualdade, prioridade

Manifestamos o noso malestar ante a desatención, o desatino e a xestión que as autoridades políticas e educativas amosaron ante a realidade educativa xurdida á par desta pandemia. Os principios de equidade educativa e igualdade de oportunidades non foron reais; a información, tardía; os recursos e a formación,  insuficientes para proporcionar ao noso alumnado un ensino de calidade. O sentimento é de abandono, afronta e menosprezo cara a nós, profesionais da educación.

 

#seguridadeigualdadeprioridade

 

 

 

 

Calendario do proceso de admisión a ciclos de FP e FP dual

Publicado o calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual para o curso 2020/2021. 

RÉXIME ORDINARIO E RÉXIME PARA AS PERSOAS ADULTAS

 

FP DUAL 

 

Para máis información contacta do Dpto. de Orientación

Fonte: edu.xunta.es/fp 

Devolución libros de texto

Distribuir contido